XEOLOCALIZACIÓN by SATELIUN logo

O sistema de posicionamento global (GPS) é unha tecnoloxía que permite determinar con precisión a situación de obxectos, vehículos ou persoas en todo o mundo. Este sistema foi desenvolvido, instalado e empregado dende os anos 60 polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos, en principio con fins de intelixencia e militares, aínda que posteriormente se permitiu o seu uso civil. Hoxe en día, as aplicacións prácticas da tecnoloxía GPS son enormes, en múltiples sectores. O sistema GPS funciona mediante unha rede de 24 satélites, con traxectorias sincronizadas para cubrir toda a superficie do planeta, que envía sinais de radio á superficie da Terra, recibidas en aparatos receptores ou localizadores GPS. Esta tecnoloxía permite múltiples aplicacións para o sector de seguridade e emerxencias.

Radiospectrum comercializa e distribúe os servizos de xeolocalización de SATELIUN, empresa líder no mercado nacional. Entre as solucións que ofrece destaca a liña Ranger, que permite dispoñer de equipos autónomos e de dispositivos adaptados á xestión de frotas de vehículos.

Equipos autónomos

As solucións Ranger Personal e Ranger Autonomous destacan polas seguintes características:

  • Software de alta calidade e equipos autónomos que non necesitan instalación, con baterías de grande autonomía.
  • Solucións orientadas a ofrecer nun ámbito profesional servizos de control de persoas, mercadorías ou activos móbiles sen subministración de enerxía.
  • Os dispositivos contan cunha opción de conexión a unha Central Receptora de Alarmas (CRA).
Ranger Personal de SATELIUN
Ranger Personal

Ranger Persoal á a solución de SATELIUN de equipos autónomos para profesionais que desenvolvan a súa actividade en solitario ou en contornos perigosos, para o sector da seguridade e como teleasistencia para persoas dependentes.

Ranger Autonomous de SATELIUN
Ranger Autonomous

O Ranger Autonomous de SATELIUN é un dispositivo autónomo deseñado para ser implantado en activos móbiles que non contan cunha subministración continua de enerxía, de xeito que poidan estar localizados en calquera momento e circunstancia.

Localización de vehículos

A familia RANGER de SATELIUN tamén permite o control de todo tipo de vehículos. Esta solución, baseada na paquetización, sen cotas nin compromisos, destaca pola súa simplicidade de instalación.

Cada dispositivo RANGER está pensado, na súa sensórica e parametrización, para que se adapte ás súas necesidades específicas, de utilidade e con informes regulares do que realmente importa en seguridade.

  • SABER ONDE ESTÁ cada un dos vehículos do seu negocio en tempo real, coa posibilidade de establecer xeocercas para determinar puntos de control dunha ruta.
  • Analizar o HISTÓRICO DE PERCORRIDOS, TEMPOS DE PARADA e en movemento de toda a frota en conxunto e de cada vehículo en particular.
  • Facer un SEGUIMENTO E CONTROL das mercadorías dende a palma da súa man.
Ranger Basic
  • Rexistro histórico de paradas e períodos de ralentí, con indicacións horarias.
  • Opción de inmobilización remota do vehículo.
  • Opción de alarma de impacto.
  • Opción de aviso en tempo real de alarmas vía SMS.
Ranger moto
  • Rexistro histórico de paradas e períodos de ralentí, con indicacións horarias.
  • Alerta contra roubos ou manipulacións sospeitosas, con indicación de hora e lugar.
  • Opción de aviso en tempo real da alerta de roubo vía SMS.
Ranger OBD
  • Rexistro histórico de paradas e períodos de ralentí, con indicacións horarias.
  • Sen necesidade de realizar instalación, enchúfase directamente no OBD do seu vehículo.

Consulte as solucións Ranger de SATELIUN para control de vehículos.

A tecnoloxía GPS axuda a minimizar riscos e mellorar a seguridade de profesionais e vehículos

Radiospectrum comercializa e distribúe servizos de SATELIUN, marca de referencia no sector da xeolocalización