Vantaxes das radiocomunicacións para empresas industriais

Vantaxes das radiocomunicacións para empresas industriais

A seguridade industrial é unha responsabilidade que involucra a todas as persoas dunha empresa. Durante a xornada laboral pódense chegar a producir situacións de risco nas que pode haber en xogo vidas humanas. Nese contexto, é lóxico que nun contorno industrial nada poida fallar. Todo debe estar baixo control e as radiocomunicacións profesionais por circuíto pechado son un deses elementos importantes que cómpre ter en conta.

Un servizo eficaz de radiocomunicacións dixitais convértese en imprescindible no caso de determinado tipo de empresas industriais, como pode ser o caso de refinarías, centrais nucleares, industria química, siderurxia, construción, obras públicas, empresas madeireiras, canteiras e, en xeral, todo tipo de fábricas e grandes plantas industriais.

Beneficios en contornos industriais

Nese contexto, é preciso reforzar a seguridade, porque diso depende a protección dos traballadores e o propio futuro de moitas compañías. No terreo das radiocomunicacións para empresas industriais, existen varios beneficios asociados ao alugamento deses servizos:

  • A diferenza das redes públicas (telefonía, wifi, Whatsapp…), as radiocomunicacións dixitais permiten evitar saturacións, co que non hai risco de que deixen de funcionar en situacións de alta esixencia.
  • Un bo servizo de radiocomunicación por circuíto pechado garante en todo momento unha cobertura óptima e sen interferencias, cun son claro e nítido tanto en espazos abertos como pechados.
  • As comunicacións PTT (Push-to-Talk) permiten xestionar e organizar grupos de traballos, mesmo de diferentes empresas que teñan a súa actividade nun mesmo espazo, como adoita suceder en fábricas, plantas industriais e grandes infraestruturas.

As radiocomunicacións dixitais son claves tanto para o funcionamento diario das empresas industriais como para as ocasións en que é necesario un reforzo, como pode ser o caso das paradas técnicas de mantemento. Estes supostos implican a presenza engadida de traballadores doutras empresas, e por tanto, o aumento das comunicacións: máis persoas, máis canles e máis necesidade de coordinación.

Centro de Control Móbil e equipos con homologación ATEX

Radiospectrum conta con solucións idóneas tanto para o funcionamento das radiocomunicacións por circuíto pechado no día a día como para o seu reforzo puntual. Neste último caso, o noso Centro de Control Móbil é unha solución case única no mercado, un vehículo adaptable aos distintos sectores nos que as radiocomunicacións son imprescindibles, que permite establecer un posto de mando e que dispón da tecnoloxía máis moderna de comunicación e visualización.

Os nosos equipos dispoñen ademais de homologación ATEX para a utilización en infraestruturas críticas, que se axustan á normativa da Unión Europea sobre equipamentos aptos para traballar en “atmosferas explosivas”.

En Radiospectrum estamos habituados a traballar con clientes industriais, como a refinaría de Repsol na Coruña. Entre os avais de Radiospectrum, destaca ademais o feito de ser unha empresa rexistrada como instaladora de telecomunicacións polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, así como tamén no rexistro de operadores de comunicacións electrónicas da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC).

Para máis información sobre o noso servizo de alugamento de radiocomunicacións dixitais, podes contactar co noso equipo a través do noso apartado de contacto, do teléfono 902 090 508 e do enderezo electrónico info@radiospectrum.es.