Tecnoloxía

Rede autónoma dos sistemas públicos (teléfono, 4G, wifi…) e non compartida con terceiros.

Mantén a cobertura cando por saturación ou incidencia deixan de funcionar outras redes.

Comunicación simultánea en grupo pechado; de un a un, de un a todos e de todos a un.

Xestión e organización de grupos de traballo en espazos abertos e grandes infraestruturas.

Consultora tecnolóxica independente

Radiospectrum actúa como unha consultora tecnolóxica independente no campo das comunicacións en grupo pechado de usuarios, comunicacións de emerxencias (critical communication) e comunicación bidireccional non simultánea (two way radio). Guiamos á súa organización ou á súa empresa a través da ampla variedade de tecnoloxías que conviven no mercado para axudarlle a elixir a que mellor se adapte ás súas necesidades en prestacións, garantías e custo.

Os nosos expertos coñecen á perfección as características técnicas das distintas alternativas que ofrece o sector das comunicacións PTT (Push to Talk).

Entre as tecnoloxías que ofrece Radiospectrum atópanse as seguintes:

A tecnoloxía TETRA (Trans European Trunked Radio) é un dos estándares do Instituto Europeo de Normas de Telecomunicacións (ETSI), que define un sistema móbil dixital de radio. Esta tecnoloxía naceu por iniciativa da Unión Europea, co obxectivo de unificar diversas alternativas de interfaces de radio dixital para radiocomunicacións profesionais. TETRA comezou a súa regulación a mediados da década dos 80. O ETSI tardou varios anos en especificar a norma, ata a súa primeira publicación en 1995, a consecuencia das altas complexidades dos requisitos iniciais (a modulación lineal eficaz, a selección do vocoder, protocolos de grande alcance, as probas de campo experimental…).

A tecnoloxía DMR (Digital Mobile Radio) é un estándar de transceptores móbiles dixitais ratificado por primeira vez no 2005 polo Instituto Europeo de Normas de Telecomunicacións (ETSI) e optimizado a finais de 2007. Con implantación en todo o mundo e deseñado para un ancho de canle de 12,5 kHz, DMR ofrece voz, datos e outros servizos complementarios. Os sistemas DMR foron desenvolvidos para substituír os sistemas de radio bidireccionais (two-way radio), polo que o sistema dixital cumpre coa mesma cobertura e esquema de infraestrutura de rede (repetidor, transmisión simultánea de múltiples sitios de rede e telecomunicacións) que a rede analóxica á que substitúe.

O estándar dPMR (Digital Private Mobile Radio), ratificado polo Instituto Europeo de Normas de Telecomunicacións (ETSI), é unha tecnoloxía dixital de Acceso Múltiple por División de Frecuencia (FDMA), de banda estreita (6,25 kHz) e con múltiples formas de aplicacións de voz e datos. A tecnoloxía dPMR ten en común con outros sistemas de radio totalmente dixitais que non transmite sinais de voz analóxicas, xa que teñen que ser dixitalizadas, un proceso que se realiza a través dun vocoder. A asociación dPMR seleccionou un vocoder estándar para usar en todas as comunicacións para asegurar que todos os tipos e modos de dPMR poderán operar de xeito conxunto entre eles.

É unha tecnoloxía dixital desenvolvida por Icom e Kenwood, que emprega o protocolo NXDN de comunicacións móbiles e que se pode adaptar para operar como unidades dPMR e axustarse así aos estándares do Instituto Europeo de Normas de Telecomunicacións (ETSI). Nexedge emprega avanzados xestores para a dixitalización da voz e é compatible con aparatos analóxicos en FM e dixitais, o que facilita a migración dende sistemas analóxicos. Solución para redes convencionais, troncais e troncais multiemprazamento enlazadas por redes IP, engadindo seguridade dixital para as conversacións de voz e avanzadas prestacións dixitais.

Interconexión

Este amplo abano de posibilidades que ofrecen as radiocomunicacións dixitais profesionais pode ser interconectado a través dun centralizador de comunicacións de emerxencia, coas seguintes funcionalidades:

  • Gateway para a interconexión con outras redes, que ofrece a opción de conectarse coa rede TETRA da Xunta de Galicia ou con calquera outra tecnoloxía.
  • Xeolocalizacion de equipos de radiocomunicación.
  • Gravación de conversacións de voz e mensaxes de estado, incluída a entrada de chamadas telefónicas ao servizo de emerxencia.

Tecnoloxías específicas

Radiospectrum pode aconsellarlle sobre outras tecnoloxías, por exemplo, os mellores dispositivos craniais dispoñibles no mercado (Savox, Peltor…) que pode necesitar o seu equipo de emerxencias. Trátase de micrófonos especiais de contacto que recollen a voz directamente da bóveda do cranio e a transmiten cando os micrófonos de colo de cisne ou con audiófono non se poden empregar con equipos de protección total ou de respiración con cascos e máscaras.

Os servizos de Radiospectrum cobren unhas necesidades que a telefonía móbil non está en condicións de afrontar

Cando a comunicación non pode fallar, as radiocomunicacións profesionais son a resposta

Se desexa máis información sobre os nosos servizos, non dubide en poñerse en contacto cos nosos profesionais.