Solucións tecnolóxicas para policías

soluciones- tecnologia-policia

Cada vez existen máis ferramentas tecnolóxicas que se poñen ao servizo da seguridade cidadá, sistemas que axudan a coordinar e facer máis lixeiro o traballo de corpos como os da Policía Local.

No caso de eventos multitudinarios ou situacións de emerxencia, a rapidez de resposta é, na maioría das ocasións, o factor diferencial entre un bo ou un mal desenlace: as novas tecnoloxías para policías son un excelente aliado para manter a integridade dos cidadáns.

En Radiospectrum, somos expertos en servizos de radio profesional, pero o noso ámbito de competencia vai moito máis alá: somos especialistas en ofrecer tecnoloxías adaptadas aos diferentes corpos de seguridade. Tras anos traballando man a man coa Policía Local e con concellos somos conscientes das necesidades de comunicación e seguridade que teñen os diferentes operativos, polo que buscamos constantemente as últimas tecnoloxías que poidan formar parte dun sistema integral, efectivo e sobre todo, sinxelo de usar polos traballadores.

Que solucións tecnolóxicas para policías ofrece Radiospectrum?

Sistemas de radiocomunicaciones

Os sistemas de radiocomunicación dixitais permiten a coordinación dos corpos de seguridade sen necesidade de utilizar a telefonía móbil tradicional, unha rede que se satura facilmente en caso de aglomeracións.

Os dispositivos de radiocomunicacións dixitais non só contan coa vantaxe de dispor dunha cobertura óptima, sen interferencias, senón que ofrecen unha comunicación instantánea de push-to-talk e permiten unha rápida coordinación entre os policías e outros corpos de seguridade como bombeiros ou Protección Civil. A carcasa destes dispositivos é moi resistente para soportar as condicións extremas ás que en ocasións teñen que facer frente os policías: altas temperaturas, impactos, vento extremo, etc.

En Radiospectrum ofrecemos ademais, os sistemas híbridos, dispositivos que engaden á fiabilidade dos sistemas de comunicación por circuíto pechado, as funcionalidades dos smartphones actuais, como o envío de arquivos multimedia ou mesmo o uso de aplicacións específicas para policías.

Centro de Control Móbil

Dentro das solucións tecnolóxicas para policías, o Centro de Control Móbil ou CCM ocupa un lugar destacado. Trátase dun vehículo que funciona ademais como estación repetidora e cuxo interior está preparado para exercer de centro de operacións con espazo para seis postos de trabajo, con acceso a Internet por wifi e con monitores de videovixilancia.

O exterior do Centro de Control Móbil presenta ademais cámaras domo de última xeración e unha cámara térmica, estes sistemas de vixilancia contan cun alcance de máis de 2 quilómetros, o que permite aos corpos de seguridade controlar desde un único punto todo o entorno. A cámara térmica é moi útil en situacións de néboa, de fume ou de pouca visibilidade e xa ten sido empregada con éxito este ano durante as cacharelas de San Xoán da Coruña.

Cámaras de vixilancia e drons

Para manter a seguridade en eventos multitudinarios ou controlar unha zona específica durante unha situación de crisis, tamén dispoñemos de cámaras radioenlazadas co Centro de Control Móbil que brindan un maior respaldo aos policías. Así mesmo podemos ofrecer drons que aseguran a vixilancia aérea.

Se desexas coñecer máis acerca dos servizos ofrecidos por Radiospectrum, non dubides en contactar co noso equipo a través do seguinte formulario de contacto, do correo electrónico info@radiospectrum.es ou chamando ao 902 090 508.