Só as radiocomunicacións sobrevivirían a un ataque zombi

Só as radiocomunicacións sobrevivirían a un ataque zombi

Rick Grimes, protagonista de The Walking Dead, cun Motorola MT2000 VHF / Foto: AMC

Na última década houbo un rexurdir dun subxénero do cinema de ciencia ficción máis clásico. Trátase das series de zombis, que grazas ao éxito mundial de The Walking Dead, están de máxima actualidade na segunda década do século XXI. A serie que resucitou aos mortos e que xa vai pola súa oitava tempada, pódese seguir en España a través de Fox.

Esporeadas por unhas boas audiencias, seguíronlle gran cantidade de producións que achegan distintas perspectivas de mundos apocalípticos. En todas elas, os non-mortos perseguen e acosan aos vivos para darlles caza.

A inquietude que provocan os zombis motivou estudos científicos (ou case) e recomendacións de saúde pública nos Estados Unidos. O tema é dun interese público tan grande que un senador valenciano preguntou en febreiro de 2017 ao Goberno de España “Que protocolos ten adoptados ante a posibilidade dunha apocalipse zombi?”. Tras obter unha resposta, ao seu xuízo insatisfactoria, días máis tarde requiriu nova información sobre a fin do mundo.

Aínda que depende das tramas argumentais e dos guións de cada serie, a hipótese básica de todas é a aventura dos vivos na súa loita entre si e contra os non-mortos. En The Walking Dead, a máis veterana e sólida de todas, a sociedade industrial descompúxose case totalmente. O pouco que poden empregar os sobreviventes son restos indestrutibles como armas de fogo, vehículos de motor, comida enlatada, combustible xa refinado e en xeral calquera cousa que non necesite un uso intensivo de enerxía.

Neste mundo postapocalíptico no que a comida escasea e os seus protagonistas non teñen acceso fácil á auga potable, as comunicacións son un activo estratéxico que deben empregar de maneira eficaz. Non hai teléfonos (nin fixos, nin móbiles), nin redes de televisión, nin emisoras de radio comercial. Tampouco internet, telégrafo ou teletexto. Nada.

Con todo, os guionistas non atoparon como eliminar das súas tramas o vello e fiable sistema de radiocomunicacións PTT por circuíto pechado. Os protagonistas de The Walking Dead, e tamén os da súa serie irmá Fear the Walking Dead, comunícanse entre si por sistemas de comunicación fiables, con tecnoloxía a proba de zombis, de baixo consumo e cun hardware (case) indestrutible.

Só as radiocomunicacións sobrevivirían a un ataque zombi

Alicia, personaxe de Fear the Walking Dead, emprega un dispositivo de radiocomunicacións / Foto: AMC

O uso das radiocomunicacións privadas permite utilizar unha rede autónoma dos servizos públicos, é dicir, que non está compartida con terceiros, polo que mantén a cobertura cando se saturan as redes públicas, en calquera tipo de emerxencia, dende as situacións máis habituais (actuacións das forzas de seguridade, incendios, situacións de crise, eventos multitudinarios, etc.) ata as máis improbables, incluso aquelas relacionadas con series de televisión postapocalípticas.

En calquera deses casos, as radiocomunicacións por circuíto pechado son unha solución que proporciona comunicación simultánea en grupos pechados e facilita a xestión de grupos de traballo en espazos abertos e grandes infraestruturas.

A realidade demostra que as radiocomunicacións son o mellor recurso para unha emerxencia. Pero tamén a ficción cre que son unha ferramenta de comunicación indestructible e que a súa xestión pode supoñer a diferenza entre a vida e a morte. Con argumentos técnicos e científicos, pero tamén con tese da industria do entretemento.

Por sorte, os escenarios postapocalípticos con zombis non entran dentro do ámbito de experiencia de Radiospectrum, pero si somos expertos na instalación e mantemento de redes privadas de radiocomunicacións profesionais para outro tipo de tipo de emerxencias e para seguridade pública e privada. Se queres información sobre os nosos servizos, ponte en contacto co noso equipo a través do noso apartado de contacto, do teléfono 902 090 508 e do correo electrónico info@radiospectrum.es.