Sistemas híbridos: cara ao futuro das radiocomunicacións

sistemas hibridos radiocomunicaciones
Seguramente ao falar de radiocomunicacións, a moita xente lle veña á cabeza a imaxe dun walkie talkie e o pensamento de que son comunicación descatalogadas, pese a que as radiocomunicacións por circuíto pechado sigan a ser fundamentais para certas áreas. Pero que pasaría se combinásemos a seguridade que nos ofrecen as radiocomunicacións coa multitude de opcións que nos brinda a telefonía móbil? Imaxinas un dispositivo metade walkie talkie e metade smartphone? Agora é posible grazas á tecnoloxía híbrida.

En Radiospectrum avanzamos cara a este tipo de tecnoloxía: traballamos para mellorar os nosos servizos e por iso quixemos dar un paso máis alá no compromiso coa innovación e o servizo ao cliente converténdonos no primeiro operador español en ofrecer estes dispositivos híbridos.

Que son os equipos híbridos?

Trátase de dispositivos que conxugan a tecnoloxía DMR coa tecnología móbil 4G/5G/LTE, é dicir integran as vantaxes de cobertura dunha rede dixital de radio privada co acceso a servizos multimedia soportados polos operadores celulares.

Os sistemas híbridos de Radiospectrum permitirán realizar as seguintes accións:

  • Empregar a tecnoloxía DMR para gozar da calidade de chamada que só outorgan as radiocomunicacións tradicionais, sen interferencias, erros de cobertura ou saturación das liñas.
  • Complementar as comunicacións de emerxencia coa tecnoloxía 5G (videochamadas, mensaxes, audios…).
  • Empregar o sistema “push-to-talk”, o que supón aforrar tempo en establecer a comunicación cun ou máis membros do equipo.
  • Dispor dun dispositivo cun hardware resistente que soporte condicións adversas.
  • Enviar arquivos multimedia, como fotografías, ou vídeo gravado ou en streaming.
  • Facer uso de aplicacións de lectura de códigos QR, de etiquetas RFID e de balizas Zigbee.
  • Xeolocalización en tempo real dos dispositivos.

Para explotar todas as potencialidades destes sistemas estamos a desenvolver aplicacións Android específicas para policías locais, Protección Civil, seguridade privada, bombeiros e para operarios de infraestruturas críticas. Estas aplicacións aumentan a efectividade, o control e a seguridade.

Se desexas máis información, podes falar co noso equipo a través do formulario da nosa sección de contacto, no teléfono 902 090 508 ou a través do enderezo electrónico info@radiospectrum.es.