SICUR 2018: o futuro do sector da seguridade e as emerxencias

SICUR 2018: o futuro do sector da seguridade e as emerxencias

Os avances tecnolóxicos están a transformar moitos sectores e o ámbito da seguridade e as emerxencias non é unha excepción. Que tendencias de futuro se aveciñan? O Salón Internacional da Seguridade (SICUR), celebrado en Madrid do 20 ao 23 de febreiro, pódenos dar algunhas pistas.

O equipo de Radiospectrum estivo en SICUR 2018 da man do noso partner Bull Fuego, no stand A32 do pavillón 8 de Feria de Madrid. Unha oportunidade inmellorable para presentar os nosos servizos de alugamento de radiocomunicacións profesionais e para coñecer as propostas das 645 empresas que participaron no evento.

As principais novidades que observamos no sector das emerxencias tiñan que ver coa seguridade electrónica e cos produtos máis tecnolóxicos. En xeral, entre as tendencias básicas de futuro podemos distinguir varias liñas de interese:

  • Tecnoloxías. Existe certa incerteza no sector das radiocomunicacións por circuíto pechado sobre a tecnoloxía que prevalecerá nun futuro a curto ou medio prazo. Como sucede en moitos ámbitos tecnolóxicos ao longo da historia, a chegada de novos avances provoca que entren en disputa modelos distintos. Sucedeu no sector do vídeo, por exemplo con VHS e Beta ou con HD-DVD e Blu-Ray, e pode pasar agora nas radiocomunicacións privadas coa chegada das comunicacións LTE, unha tecnoloxía parecida ao 5G. Nestes momentos, existen certas dúbidas sobre se finalmente se vai impoñer DMR, a propia LTE ou sistemas mixtos.
  • Novos sistemas de sinalización. Na edición deste ano fíxose especial fincapé en distintos sistemas de sinalizacións. Desde a presentación de novas balizas luminosas até outro tipo de deseños especiais, preparados para mellorar as actuacións en situacións de crise e emerxencias.
  • Extinción de incendios. No referido á extinción de incendios, tratáronse propostas moi interesantes, como é o caso de vehículos non tripulados e controlados a distancia, capaces de soportar altas temperaturas, que permiten entrar nas zonas de incendio sen poñer en risco vidas humanas. O noso partner Bull Fuego, pola súa banda, presentou o seu novo centro de mando, deseñado para o Concello da Coruña, que serviu precisamente como centro de operacións de Radiospectrum en SICUR. Ademais, víronse outras novidades neste ámbito, como un dispositivo de freado progresivo deseñado para a activación de cortinas cortalumes, así como un sistema de descontaminación portátil baseado nun método de aplicación de técnicas para enxugar e dosificar.
  • Drons. Destapáronse como unha ferramenta fundamental no terreo da seguridade, levándose a cabo exhibicións e conferencias nas que se amosaron as súas principais aplicacións ante emerxencias. Máis aló de novas funcionalidades e usos, tamén se presentaron contramedidas, con dispositivos capaces de derrubar e inutilizar drons a través de ondas electromagnéticas.

En SICUR 2018, ademais de presentar os nosos servizos para o alugamento de radiocomunicacións profesionais, tamén amosamos outras solucións específicas, como o noso Centro de Control Móbil ou dispositivos de xeolocalización enfocados ao ámbito da seguridade, como distribuidor de SATELIUN, empresa líder no mercado nacional da xestión de frotas por GPS.

Para máis información sobre o funcionamento dos nosos equipos de radiocomunicacións por circuíto pechado, podes contactar co noso equipo de profesionais a través do noso apartado de contacto, do teléfono 902 090 508 e do enderezo electrónico info@radiospectrum.es.