Servizos

En Radiospectrum poñemos a disposición dos nosos clientes un servizo integral de renting tecnolóxico, que permite contar un pack completo de servizos de radiocomunicacións dixitais e analóxicas de voz e datos co pago dunha cota mensual ou anual.

Sen necesidade de facer un desembolso importante para a compra de equipos, Radiospectrum permite a organismos públicos e empresas dispoñer dos terminais, contar cunha rede propia de radiocomunicacións e deixar en mans expertas a xestión de infraestruturas, materiais, mantementos, localizacións e permisos.

pack completo que ofrece Radiospectrum consta dos seguintes servizos, que se poden contratar de xeito independente ou como un servizo integral:

  • Subministración de equipos e infraestruturas: emisoras, equipos móbiles fixos e portátiles (walkie talkies), repetidores, células de cobertura e unidades móbiles.
  • Mantemento preventivo e correctivo.
  • Permisos, licenzas e canons, entre os que se inclúen as taxas da Secretaria de Estado de Telecomunicacións polo uso do espectro radioeléctrico.
  • Servizo 24×7.

Medios propios

As situacións de emerxencia e os eventos públicos que aglutinan a unha gran cantidade de espectadores durante un curto espazo de tempo, como é o caso de concertos, festivais, festas, congresos ou acontecementos deportivos, implican con frecuencia unha serie de necesidades especiais para organismos públicos, empresas organizadoras e forzas de seguridade.

Radiospectrum conta coas infraestruturas e os recursos materiais necesarios para asegurar as radiocomunicacións tamén neste tipo de situacións, cunha serie de funcionalidades específicas para garantir a seguridade e ofrecer unha resposta rápida ante calquera contratempo.

Estes son algúns dos servizos que ofrece Radiospectrum neste ámbito:

O dispositivo de San Xoán na Coruña contará por quinto ano consecutivo con Radiospectrum
Centro de Control Móbil (CCM)

O noso Centro de Control Móbil (CCM) é un vehículo que funciona como estación base, para comandar operativos en situacións de emerxencia e dar cobertura a calquera evento ou situación. O CCM ten capacidade para seis postos de traballo e dispón das máis modernas tecnoloxías de comunicación e visualización, como GPS, radiocomunicacións, telecomunicacións, rede wifi, cámara térmica con alcance de 2,5 quilómetros, cámara óptica con visión nocturna ou TV dixital, con visualización de imaxes en tempo real e gravación para un visionamento posterior.

Repetidores móbiles (UTTE)

Para asegurar as comunicacións entre efectivos móbiles e a xestión óptima en emerxencias, Radiospectrum dispón de UTTEs (Unidade de Telecomunicacións Transportable de Emerxencias), con capacidade para ser transportadas a calquera punto de Galicia. Estas estacións móbiles poden contratarse en réxime de alugueiro, con todo preparado para a súa integración coas tecnoloxías seleccionadas. Radiospectrum encárgase do transporte, entrega e recollida, no lugar determinado polo cliente, e ofrece a posibilidade de contar cun técnico para a estación repetidora.

Radiospectrum participa no dispositivo de seguridade de San Xoán na Coruña
Videovixilancia móbil

Sistemas para o servizo de vixilancia, prevención e seguridade con cámaras ou videocámaras, fixas ou móbiles. Radiospectrum demostrou a solvencia da súa tecnoloxía en eventos nos que poden chegar a darse cita máis de 100.000 persoas, como a festividade de San Xoán na Coruña.

Alugamento de drons

Alugamento de drons para vixilancia aérea e seguridade, con cámaras ópticas e térmicas. Idóneo para eventos e espectáculos, así como para dispositivos de emerxencia ou equipos de busca de persoas. O servizo compleméntase con técnicos con titulación e capacitación para o manexo de drons.

Somos unha empresa galega que ofrece un servizo de renting tecnolóxico integral para comunicación profesional por radio

Para eventos e situacións especiais de emerxencia contamos con medios propios ao servizo dos nosos clientes

Se desexa máis información sobre os nosos servizos, non dubide en poñerse en contacto cos nosos profesionais.