Seis vantaxes de alugar os servizos de radiocomunicacións profesionais

Seis vantaxes de alugar os servizos de radiocomunicacións profesionais

Un sistema eficaz de radiocomunicacións por circuíto pechado salva vidas. Hoxe en día todos asumimos que as emerxencias non son cousa de xogos e chega un momento en que as institucións públicas e as empresas teñen que elixir entre alugar ou comprar os seus servizos de radiocomunicacións profesionais.

Policía, bombeiros, Protección Civil, brigadas forestais, industria, seguridade privada, construtoras, festas patronais, acontecementos deportivos, festivais de música… Son moitos os sectores que precisan dispoñer de redes seguras, estables e sen interferencias para levar a cabo a súa actividade, tanto de xeito puntual como permanente.

En Radiospectrum contamos cun servizo de renting tecnolóxico integral, dende o alugueiro (ou venta) dos equipos, xa sexan walkie talkies ou dispositivos situados nos vehículos, ata a posta en marcha dunha rede privada de radiocomunicación, o seu mantemento ou a xestión de todos os trámites e permisos administrativos.

Son moitos os factores que hai que ter en conta para unha xestión efectiva dunha rede de radiocomunicacións. Non é un servizo que poida deixar ningún detalle á improvisación.

Dende a nosa experiencia, existen unha serie de vantaxes que inclinan a balanza a prol do alugamento cando as empresas e as institucións públicas teñen que elaborar unha lista de pros e contras para tomar a decisión de alugar ou comprar este servizo.

Menor inversión

Cando se fala de emerxencias, a seguridade soe estar por diante da inversión, pero o factor económico tamén é importante. O alugamento dos servizos de radiocomunicacións garante unha menor inversión que a compra, xa que non é necesario mercar os equipos, poñer en marcha a infraestrutura necesaria ou contar cos posibles (e recorrentes) gastos do mantemento. Equipos portátiles (walkie talkies), móbiles e fixos; repetidores; células de cobertura; unidades móbiles… Todo suma e non se trata de equipos económicos cando é necesario afrontar a súa compra ou substitución en caso de avaría.

Evita a obsolescencia

Todos os produtos tecnolóxicos dependen de sectores que apostan forte pola innovación e en pouco tempo os equipos poden quedar obsoletos. É algo ao que estamos afeitos cando compramos un teléfono móbil ou un ordenador.

Sen chegar a eses extremos, no mundo das radiocomunicacións tamén hai unha evolución continua da tecnoloxía. Por iso, o arrendamento destes dispositivos garante estar á última e contar con equipos avanzados.

Prescinde da creación dunha rede privada de comunicacións

Para un correcto funcionamento, é necesario contar cunha rede de radiocomunicacións. O alugamento permite que as empresas e institucións non precisen unha rede propia, dado que o arrendamento inclúe toda a infraestrutura necesaria.

Hai que ter en conta o nivel de coñecementos necesario para xestionar toda unha rede de radiocomunicacións, xa que estamos falando dun sistema complexo que require dun bo mantemento. En Radiospectrum contamos cunha rede testada, que pode prestar servizo en toda Galicia, e por experiencia sabemos que montar unha rede dende cero non é nada doado.

Mantemento e reparación dos equipos

O mantemento dos equipos debe ser periódico. Se mercas un aparello tecnolóxico (por exemplo, un walkie talkie) e ao cabo dun determinado número de anos deixa de funcionar, terás que comprar outro porque rematou a garantía.

Non obstante, pode evitarse esa situación co alugamento dos dispositivos. En Radiospectrum temos unha solución fácil e rápida: cambiámoscho por outro.

Esquécete de xestionar licenzas

Para dispoñer dunha rede propia, necesitas xestionar unha serie de trámites administrativos, por exemplo para o uso do espectro radioeléctrico. Podes esquecerte de xestionar as licenzas, permisos e canons se contas cun provedor especializado na materia, ademais de aforrar custos e tempo.

Radiospectrum está rexistrado como instalador de telecomunicacións polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, co número 13578, e tamén figura no rexistro de Operadores de comunicacións electrónicas da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.

Asesoramento

Ao estar especializado no sector, un provedor pode guiarte para que escollas a tecnoloxía que mellor se adapte ás túas necesidades en base aos custos, garantías e servizos que ofrecen. Un asesor persoal que poida resolver todas as túas dúbidas e que che asegura as mellores prestacións para que as radiocomunicacións funcionen en todo momento como teñen que facelo.

Para obter máis información sobre o servizo de alugamento que ofrece Radiospectrum, podes poñerte en contacto co noso equipo a través deste formulario, enviando un correo electrónico a info@radiospectrum.es ou chamando ao teléfono 902 090 508.