Nove sectores nos que non poden fallar as radiocomunicacións

Nove sectores nos que non poden fallar as radiocomunicacións

Un sistema de radiocomunicacións por circuíto pechado permite dispoñer dunha rede segura, estable e libre de interferencias. É unha tecnoloxía que garante a cobertura na área contratada, unha excelente calidade de audición e a coordinación de diferentes persoas que participan nun dispositivo.

Non é ningún segredo que as radiocomunicacións públicas tenden a saturarse e fallar nos momentos de alta esixencia, un risco que non poden permitirse certos profesionais.

En Radiospectrum estamos afeitos a traballar con clientes de diferentes sectores. Os requisitos non son os mesmos, obviamente, porque cada un destes grupos ten as súas propias características, pero todos comparten un punto en común, que é a necesidade de dispor de sistemas de radiocomunicación eficaces para o desempeño do seu traballo.

De que sectores falamos? Sen ser os únicos ámbitos que confían nas radiocomunicacións profesionais, repasamos algúns dos máis importantes:

  • Forzas de seguridade. É posible que o primeiro que nos veña á cabeza cando falamos de radiocomunicacións son as forzas de seguridade, como unha ferramenta para conversacións cifradas, que non poidan ser escoitadas por persoas non autorizadas. É o caso da Policía Nacional e da Garda Civil, por exemplo, pero tamén desde os concellos faise imprescindible a contratación de servizos de radiocomunicacións para dotar á súa Policía Local dos equipos necesarios para desempeñar a súa tarefa con garantías.
  • Bombeiros. Os profesionais de loita contraincendios saben que a súa vida pode depender dun sistema fiable de radiocomunicación, para poder estar en permanente contacto e evitar quedar illados.
  • Protección Civil. Encárgase do soporte das redes de emerxencias nacionais e rexionais. Nos ámbitos locais, os concellos tamén proporcionan a infraestrutura necesaria para que poidan actuar coas máximas garantías e que se poida coordinar a profesionais e voluntarios en situacións de crises ou emerxencia.
  • Salvamento marítimo. A frota de salvamento marítimo está composta por 73 unidades marítimas de diferentes características, equipadas para dar resposta a todo tipo de emerxencia que poida xurdir no medio mariño. Os seus equipos están formados por estacións de radio fixas, estacións portátiles e un sistema de posicionamento por satélite.
  • Protección ambiental. Trátase dun colectivo que precisa dun reforzo nas comunicacións debido a que o seu traballo se desenvolve con frecuencia en lugares illados e afastados de contornas urbanas.
  • Seguridade privada. A comunicación instantánea é fundamental para un vixiante de seguridade; a comunicación por radio permite aos equipos comunicarse de maneira rápida e efectiva, para activar de inmediato unha mensaxe de alerta de seguridade en situacións de risco.
  • Obras públicas. En traballos de construción é necesario unha comunicación clara, rápida e dinámica entre os empregados, que adoitan estar separados por quilómetros de distancia; por iso, vólvese imprescindible establecer unha rede privada de radiocomunicacións.
  • Industria. É un sector que abrangue unha gran variedade de contornas que van desde compañías mineiras, eléctricas e de augas, ata todo tipo de plantas industriais, que necesitan canles de radiocomunicación sempre operativos. Os servizos de radio profesional xogan un papel fundamental para reforzar as comunicacións durante as paradas técnicas e para garantir a seguridade dos traballadores e optimizar as operacións diarias.
  • Organización de eventos. A seguridade en eventos masivos (festivais de música, concertos, festas locais, congresos, acontecementos deportivos…) require unha planificación e unha coordinación perfecta entre os integrantes dos diferentes equipos que participan nos dispositivos.

En Radiospectrum contamos con experiencia en todos estes sectores, cun servizo completo aos nosos clientes, desde o alugamento (ou venda) dos equipos ata a posta en marcha e o mantemento da rede necesaria para garantir a comunicación.

Para obter máis información sobre o servizo que ofrece Radiospectrum, poñemos a disposición dos interesados o correo electrónico info@radiospectrum.es e o teléfono 902 090 508.