6 requisitos para elixir un servizo de radiocomunicacións eficaz

6 requisitos dun servizo eficaz de radiocomunicacións

En múltiples contextos, a rede pública de comunicacións non é suficiente: o sector industrial, os servizos de emerxencias ou a seguridade privada fan uso das radiocomunicacións por circuíto pechado para coordinar os seus membros. Non obstante, non todos os servizos de radiocomunicacións dixitais cobren eficazmente as demandas dos seus usuarios.

Dende a nosa posición como expertos no sector das radiocomunicacións dixitais, coñecemos as inquietudes e necesidades dos nosos usuarios, e hai una serie de requisitos que todo servizo debería cumprir:

  1. Atención ao cliente 24/7. A maioría dos solicitantes de servizos de radiocomunicacións non teñen unha xornada laboral “normal”. Por exemplo, os servizos sanitarios ou os corpos de seguridade cidadá actúan ante emerxencias que poden xurdir en calquera momento do día, os eventos culturais están pensados para as últimas horas do día ou para as fins de semana e os equipos de vixilancia privados non descansan. Por iso é necesario un servizo de radiofrecuencia con atención ao cliente as 24 horas do día, os 7 días da semana. Un servizo que responda cando máis fai falla, ante calquera dúbida ou incidente; e que actúe para solventar o problema con rapidez.
  2. Mantemento preventivo e reactivo. Nunha empresa de radiocomunicacións non só importa a tecnoloxía que ofrece, senón tamén os profesionais que están detrás dela. En Radiospectrum, todos os equipos reciben un mantemento periódico que asegura o seu óptimo funcionamento. Ademais, en caso de que algún dispositivo falle, este servizo de radiocomunicacións conta cun protocolo de acción para resolver o incidente con axilidade.
  3. Innovación tecnolóxica. As comunicacións por radiofrecuencia naceron hai máis de dous séculos, non obstante cada día xorden novas tecnoloxías que melloran o seu uso. Á hora de alugar un equipo de radiocomunicacións é fundamental prestar atención ao investimento que realiza en I+D e o prestixio das marcas tecnolóxicas coas que colaboran. Un provedor que preste un servizo de radiocomunicacións baseado na innovación e na mellora constante.
  4. Experiencia. A traxectoria dunha empresa marca o seu presente e futuro, para poder confiar nun servizo de radiocomunicacións é necesario coñecer cal foi o seu percorrido e os seus logros. Radiospectrum ofrece servizos de radiofrecuencia en grandes eventos, como o dispositivo de seguridade da noite de San Xoán na Coruña, ou a grandes empresas do sector industrial que requiren a comunicación entre decenas de traballadores, coma no caso de Repsol ou Audasa.
  5. Xestión de licenzas. Para poder utilizar o espectro radioeléctrico é necesario solicitar permisos, licenzas e canons con toda a burocracia administrativa que conleva. Para aforrar tempo e cartos, a mellor opción é contar cun provedor de radiocomunicacións autorizado que conte cos seus propios medios para resolver estes trámites. Radiospectrum está rexistrado como instalador oficial de telecomunicacións polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital.  Igualmente consta no rexistro de Operadores de comunicacións electrónicas na Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.
  6. Asesoramento personalizado. Cada sector e cada empresa teñen necesidades comunicativas diferentes, en Radiospectrum somos conscientes disto, xa que os nosos usuarios proveñen de contextos moi diferentes. Como expertos en servizos de radiofrecuencia podemos resolver calquera dúbida que poida xurdir, achegar información e consellos útiles; e ofrecer unhas prestacións adaptadas a cada cliente.

En definitiva, os principais aspectos á hora de valorar unha empresa de servizo de radiocomunicacións xiran arredor da tecnoloxía, dos coñecementos e da involucración co cliente.

En Radiospectrum estamos dispoñibles para asesorar a empresas e servizos públicos, contamos cun formulario de contacto no noso sitio web, co enderezo electrónico info@radiospectrum.es e co teléfono 902 090 508 mediante os que resolveremos calquera petición.