Radiospectrum engade seis canles adicionais de radiocomunicación na planta de Repsol na Coruña

Radiospectrum engade seis canles adicionais de radiocomunicación na planta de Repsol na CoruñaA partir de hoxe e ata finais de marzo, a planta de Repsol na Coruña programou unha parada de mantemento, que provoca que as súas necesidades de radiocomunicacións se vexan acrecentadas. É por ese motivo que dende Radiospectrum se achegan seis novas canles de radiocomunicación, que se engaden aos 16 que se empregan durante o resto do ano na refinaría.

Durante todo este tempo haberá unhas 1.000 persoas máis do habitual nas instalacións, polo que estas canles adicionais permitirán asegurar as radiocomunicacións entre Repsol e as empresas contratadas para a realización dos traballos de mantemento.

Este dispositivo especial contará coa presenza de dous técnicos de Radiospectrum e co respaldo do noso Centro de Control Móbil (CCM), un camión coas últimas tecnoloxías que funciona como estación base de operacións e comunicación, con seis repetidores para garantir a comunicación das canles adicionais.