Radiospectrum participa no dispositivo de seguridade de San Xoán na Coruña

Radiospectrum participou no operativo de seguridade da noite de San Xoán na cidade da Coruña con medios propios e persoal técnico. Trátase dun dos eventos máis multitudinarios de Galicia, cunha cifra de 150.000 persoas que se congregan nas praias de Riazor e Orzán.

Centro de Control Móbil (CCM) foi estacionado na zona da Coraza, onde se sitúan tamén dous hospitais de campaña e permitiu a coordinación das comunicacións de máis de 500 profesionais de todos os corpos de emerxencias do operativo: Cruz Vermella, Protección Civil, Bombeiros, Policía Local e Nacional e Garda Civil.

O Centro de Control Móbil é un vehículo que funciona como estación base de operacións e comunicacións, equipado para comandar operativos en situacións de emerxencia e dar cobertura e seguimento a calquera evento ou situación. O CCM ten capacidade para seis postos de traballo e dispón das máis modernas tecnoloxías de comunicación e visualización, como GPS, cámaras, radiocomunicacións, telecomunicacións, rede wifi ou TV dixital, con visualización de imaxes en tempo real e gravación para un posterior visionamento.

Radiospectrum participa no dispositivo de seguridade de San Xoán na Coruña