Radiospectrum colabora coa XXII Carreira Alternativa da Coruña

Radiospectrum colabora coa XXII Carreira Alternativa da CoruñaEste domingo 29 de outubro celebrouse a XXII Carreira Alternativa, actividade solidaria e non competitiva que se converteu xa en todo un referente na Coruña. O evento, organizado pola Asociación Galega de Xestores Deportivos, realizouse nesta edición a favor da ONG Ecodesarrollo Gaia, coa finalidade de concienciar e sensibilizar aos cidadáns sobre a situación das persoas inmigrantes e refuxiadas. O arranque tivo como protagonista a Saliou Ndiaye, representante da comunidade senegalesa na Coruña.

Dende Radiospectrum colaboramos un ano máis coa Carreira Alternativa, como patrocinadores do evento. Para iso, achegamos o noso Centro de Control Móbil (CCM), que se situou na Praza de María Pita e funcionou como centro de operacións da carreira solidaria, que resultou todo un éxito, coa participación de máis de 2.000 persoas.

En Radiospectrum estamos afeitos a participar en dispositivos de seguridade de eventos masivos, como o San Xoán da Coruña, con redes, infraestruturas e equipos propios que garanten en todo momento unha resposta axeitada. Para máis información sobre os nosos servizos, poñemos á súa disposición este formulario, o teléfono 902 090 508 e o correo electrónico info@radiospectrum.es.