Radiospectrum chega a un acordo con Audasa para prestar un servizo integral de radiocomunicacións

Radiospectrum chega a un acordo con Audasa para prestar un servizo integral de radiocomunicaciónsAudasa chegou a un acordo con Radiospectrum para dispoñer dun servizo integral anual de radiocomunicacións, que inclúe o alugamento dos repetidores da autoestrada na área entre Ferrol e Padrón; a venda de equipos portátiles (walkie talkies) e móbiles (situados nos vehículos); e un mantemento preventivo e correctivo da rede de comunicacións.

A combinación entre unha rede propia de comunicacións e a tecnoloxía de vangarda de DMR Motorola e IP Site Connect, proporcionadas ambas por Radiospectrum, permite asegurar en todo momento a comunicación en grupo, para unha actuación inmediata e fiable en caso de incidencia nas autoestradas xestionadas por Audasa.

A diferenza dos sistemas convencionais (teléfono, wifi, 4G…), que poden chegar a saturarse, os servizos de radiocomunicación profesional por circuíto pechado garanten en todo momento unha comunicación segura, sen interferencias e sen problemas de cobertura.

Este acordo é un paso máis na colaboración con Audasa, xa que ata agora Radiospectrum prestaba este servizo nos catro meses de inverno, nunha época na que o mal tempo podía xerar un maior número de incidencias nas autoestradas. O novo acordo amplía o servizo a todo o ano.