Radiospectrum aluga 20 equipos para o dispositivo de seguridade da Cabalgata de Reis de Redondela

Radiospectrum alquila 20 equipos para el dispositivo de seguridad de la Cabalgata de Reyes de RedondelaO Concello de Redondela contou este Nadal con Radiospectrum para reforzar o dispositivo de seguridade da súa Cabalgata de Reis. O organismo municipal alugou 20 equipos para asegurar as comunicacións dos seus equipos de emerxencias, nun evento no que os Reis Magos fixeron un percorrido polo centro da localidade en catro carrozas e un tren turístico.

Entre a ampla variedade de servizos que ofrece Radiospectrum no ámbito da seguridade, encóntrase o alugueiro das infraestruturas e os recursos materiais necesarios (Centro de Control Móbil, walkie talkies, repetidores móbiles, videovixilancia…) para garantir a seguridade en eventos públicos que xuntan a unha grande cantidade de espectadores durante un curto espazo de tempo. Ese é o caso da Cabalgata de Reis de Redondela ou doutros eventos masivos, como a celebración de San Xoán na Coruña, que reúne a máis de 150.000 persoas.