Radiocomunicacións e eventos masivos: a seguridade é o primeiro

Radiocomunicacións e eventos masivos: a seguridade é o primeiro

Os eventos masivos e as aglomeracións de persoas levan consigo a obriga de organizar dispositivos de seguridade especiais. Nesas situacións, o reforzo das radiocomunicacións profesionais por circuíto pechado convértese nunha necesidade para empresas organizadoras e institucións públicas, que deben garantir a integridade dos asistentes.

As aglomeracións adoitan ter características comúns, como poden ser as concentracións de moitas persoas na vía pública ou a saturación das comunicacións convencionais, que fallan nese tipo de circunstancias, a diferenza das radiocomunicacións profesionais, que están pensadas para responder ante calquera situación de emerxencia.

Hai que ter en conta diversos factores nos dispositivos de seguridade de eventos multitudinarios, como pode ser o perfil e número das persoas asistentes, os accesos ou a localización exacta na que se celebra o acontecemento.

Se pensamos en eventos que congregan a miles de persoas, estaremos sen dúbida antes algúns dos principais ambientes nos que o uso de radiocomunicacións dixitais se volve imprescindible:

  • Concertos e festivais de música. Algúns acontecementos relacionados coa música reúnen ano tras ano a miles de mozos, polo que as radiocomunicacións son esenciais para actuar dun modo eficaz no caso de suceder algún tipo incidencia, como poden ser avalanchas.
  • Acontecementos deportivos (partidos de fútbol, baloncesto, rallys…). Os eventos deportivos tamén destacan por reunir a miles de seareiros en determinadas localizacións, que poden ser tanto espazos pechados como abertos. Falamos de encontros de fútbol, partidos de baloncesto, rallys… Se pensamos no fútbol, por exemplo, as radiocomunicacións son imprescindibles para facilitar a tarefa de tres núcleos perfectamente diferenciados: os responsables, situados dentro dos estadios; a policía, situada na rúa para evitar pelexas entre seareiros rivais; e os servizos de emerxencia (Cruz Vermella, Protección Civil…), que poden facer o seu traballo tanto dentro como fóra dos estadios.
  • Festas e celebracións populares. Do mesmo xeito, as celebracións populares e as festas patronais reúnen a moitas persoas, co engadido de que moitas delas consumiron substancias alcohólicas. Por iso, co obxectivo de ter controlada a situación é necesaria a utilización dun servizo de radiocomunicacións por circuíto pechado.
  • Campañas políticas. Durante as campañas electorais, as diferentes forzas políticas aglutinan ao seu electorado en mitins que poden chegar a xuntar a centos de persoas. As radiocomunicacións privadas permiten a posibilidade de manter a orde e garantir a integridade dos dirixentes e dos asistentes.
  • Congresos. Na celebración de congresos sucede o mesmo, coa diferenza de que se realizan en espazos pechados, que requiren de dispositivos cunhas características diferentes a aqueles eventos que teñen lugar en espazos abertos.
  • Manifestacións. A maioría de manifestacións celebradas no noso país son de carácter pacífico, pero as forzas de seguridade necesitan estar preparadas para actuar en caso de emerxencia, tanto para protexer aos asistentes como para garantir a orde pública.
  • Gravación de eventos. Na gravación de eventos, xa sexan rodaxes de cinema ou emisións de televisión, tamén poden xogar un papel importante as radiocomunicacións profesionais, que permiten manter a cobertura e a comunicación en todo momento.

En Radiospectrum temos experiencia en dispositivos de seguridade de eventos masivos, nos que se chegan a xuntar máis de 150.000 persoas, como é o caso das celebracións de San Juan na Coruña.

Entre as solucións específicas coas que contamos para aumentar a seguridade en acontecementos multitudinarios destacan estas catro:

  • Centro de Control Móbil (CCM). Trátase dun vehículo equipado coas tecnoloxías máis modernas, que exerce como base de operacións e comunicacións.
  • Repetidores móbiles (UTTE). Estas estacións móbiles permiten reforzar a comunicación entre efectivos móbiles e unha xestión óptima en caso de emerxencia.
  • Videovixilancia móbil. Sistemas que permiten a vixilancia, a prevención e a seguridade con cámaras ou videocámaras fixas ou móbiles.
  • Drons. A tecnoloxía máis moderna, utilizada para a vixilancia aérea con cámaras ópticas e térmicas. As súas principais utilidades son para eventos e espectáculos, ademais de dispositivos de emerxencia ou equipos de busca de persoas.

Se queres máis información sobre o funcionamento dos equipo de radiocomunicacións por redes privadas, podes poñerte en contacto co noso equipo a través do noso apartado de contacto, do teléfono 902 090 508 e do correo electrónico info@radiospectrum.es.