Presentación ante clientes e administracións no Club Financiero Atlántico

Presentación ante clientes e administracións no Club Financiero AtlánticoO Club Financiero Atlántico acolle o martes 28 de xuño a presentación de Radiospectrum, nova marca de servizos de renting tecnolóxico de radiocomunicacións profesionais por circuíto pechado. O comezo do acto está previsto ás 13:30 horas e constará dunha breve presentación e un cóctel para os asistentes.

Coa experiencia dun equipo de profesionais con máis de 20 anos no sector das radiocomunicacións, Radiospectrum garante todo o proceso necesario para unha comunicación privada, segura e sen interferencias. Dende o asesoramento sobre as principais tecnoloxías que conviven no mercado ata o alugueiro ou venda dos equipos e a posta en marcha e o mantemento da rede, Radiospectrum ofrece un servizo que cobre unhas necesidades que a telefonía móbil convencional non está en condicións de afrontar.

Radiospectrum é unha marca nova no mercado, pero conta xa cun importante número de clientes e con experiencia en eventos de primeiro nivel, como a súa participación esta semana no dispositivo de seguridade de San Xoán, en colaboración co Concello da Coruña.

Os interesados en acudir ao acto de presentación no Club Financiero Atlántico poden confirmar a súa asistencia a través do teléfono 608 166 640 ou do correo electrónico info@radiospectrum.es.