Por que son necesarias as radiocomunicacións na seguridade privada?

As radiocomunicacións e a seguridade privada

As novas tecnoloxías fan que cada vez sexa máis doado acceder a certos datos de índole privada: enderezos postais, planos de instalacións ou outros datos sensibles. Os delincuentes atopan cada vez máis facilidades para asaltar recintos comerciais, industriais ou domésticos para roubar bens materiais. Sen embargo, as novas tecnoloxías tamén poden ser aproveitadas para pór freo a estas situacións, fomentando a seguridade e a eficiencia dos corpos de vixilancia. Hai xa uns anos que a seguridade privada vén sendo un sector en alza, onde as empresas dedicadas á vixilancia deben dispor de tecnoloxías que lles permitan levar a cabo a súa actividade con precisión.

A necesidade de compañías e particulares de protexer a súa integridade e as súas pertenzas fai que as empresas de seguridade privada empreguen cada vez recursos máis específicos e intelixentes, como son os servizos de radiocomunicacións. Esta tecnoloxía asegura unha perfecta coordinación e comunicación entre todos os traballadores involucrados na seguridade.

Vantaxes fronte a outros sistemas de comunicación

Aínda que os servizos de telefonía móbil teñan levado a moitas tecnoloxías á desaparición, as radiocomunicacións por circuíto cerrado seguen a ser moi necesarias nalgúns sectores como o da seguridade privada: sectores onde prima a rapidez, onde a cobertura móbil non é suficiente e onde varios dispositivos de comunicación deben funcionar en todo momento baixo calquera tipo de condicións. Algunhas das vantaxes dos sistemas de radiocomunicacións son os seguintes:

  • Comunicación directa: mediante a telefonía móbil o garda de seguridade debería desbloquear o seu dispositivo, buscar o número do seu compañeiro na axenda e agardar o tempo de establecemento de chamada. Este proceso pode levar ata medio minuto, un tempo que nunha situación de emerxencia é crucial. Os dispositivos de radiocomunicacións son coñecidos como “push-to-talk” ou PTT, é dicir, pulsa para falar. Deste xeito é posible establecer a comunicación en cuestión de milésimas de segundo.
  • Os dispositivos son resistentes: os walkie-talkies están pensados para usarse baixo condicións desfavorables, podendo soportar caídas ou temperaturas extremas. Así mesmo son capaces de resistir o contacto coa auga, mentres que o vento non interfire na mensaxe.
  • Non existen problemas de cobertura: a comunicación entre compañeiros debe ser fluída, sen interferencias. Poñámonos na pel dun porteiro de vixilancia que custodia a entrada dunha discoteca frecuentada por centos de persoas, as aglomeracións tenden a producir máis incidentes ao mesmo tempo que colapsan a cobertura móbil, unha mala combinación. Este vixiante precisa un servizo de comunicación que non empregue redes públicas e por tanto, que asegure unha correcta comunicación cos seus compañeiros.
  • Permiten a comunicación entre grupos grandes: os sistemas de comunicación por radio permiten a comunicación de un a un ou de un a todos. Deste xeito, os membros da empresa de seguridade privada poderán comunicarse entre si e tamén con outros equipos involucrados, como o departamento comercial no caso dunha tenda de roupa.

A que tipo de axentes de seguridade privada pode axudar un sistema de radiocomunicacións?

  • Vixiantes de seguridade en horario nocturno: estes traballadores adoitan encargarse de custodiar grandes superficies, controlando accesos na garita, realizando roldas polas instalacións ou ben, vixiando o sistema de cámaras (CCTV). A rapidez é un factor que inflúe enormemente no caso de que se produza algún incidente, por iso, un sistema de radiocomunicacións por circuíto pechado é perfecto para a coordinación entre diversos membros.
  • Vixilancia de transporte de mercadorías e escoltas persoais: vixiar a persoas ou mercadorías en movemento non é unha tarefa sinxela, esixe un gran labor de loxística. A tecnoloxía de radiocomunicacións en combinación cun sistema de xestión de vehículos por GPS pode ser de gran axuda á hora de coordinar equipos que se atopan en diferentes puntos, de levar un control das rutas, de previr asaltos ou roubos, etc.
  • Vixiantes de bancos, tendas e centros comerciais: estes gardas custodian recintos que poden conter obxectos de gran valor e grandes sumas de cartos. Un sistema de radiocomunicacións por circuíto pechado asegura unha óptima comunicación entre eles e tamén cos demais traballadores da superficie.
  • Porteiros de discotecas e bares: estes vixiantes de seguridade privada soen pasar a maior parte da súa xornada laboral sós no exterior, polo que é fundamental unha comunicación fluída cos traballadores do local para que alguén os informe no caso de que se produza algún incidente.

En Radiospectrum ofrecemos solucións adaptadas ao sector da seguridade privada, con subministración de equipos e infraestruturas: emisoras, equipos móbiles fixos e portátiles (walkie talkies), repetidores, células de cobertura e unidades móbiles. Ademais a nosa cobertura inclúe mantemento activo e reactivo.

Se desexas máis información, podes falar connosco mediante o formulario da nosa sección de contacto, no teléfono  902 090 508  ou dirixíndote ao enderezo de correo electrónico info@radiospectrum.es.