O dispositivo de San Xoán na Coruña conta por quinto ano consecutivo con Radiospectrum

O dispositivo de San Xoán na Coruña conta por quinto ano consecutivo con Radiospectrum

Un ano máis, as praias de Riazor e do Orzán serán o escenario do evento más multitudinario da Coruña: a noite de San Xoán, unha cita ineludible para milleiros de persoas. Radiospectrum tampouco se perderá esta celebración, xa que achegará por quinto ano consecutivo o seu Centro de Control Móbil (CCM), un vehículo que serve de base de operaciónns, videovixilancia e comunicacións; e que este ano incorpora novas tecnoloxías moi útiles para a vixilancia nocturna.

A noite do 23 de xuño precisa dun dispositivo de seguridade especial debido á perigosa combinación que forman as aglomeracións de xente, o lume das cacharelas e as mareas vivas do Atlántico, que no San Xoán do ano pasado case provocaron o desaloxamento das praias. Aínda que este ano está previsto que a altura da auga sexa un 30% menor, dende o Concello instan aos asistentes a seguir unha serie de medidas de seguridade para que o evento se desenvolva sen incidentes.

Radiospectrum é un colaborador habitual neste dispositivo de seguridade. O seu CCM xa serviu durante catro anos como posto avanzado de mando e centro neurálxico do dispositivo de seguridade. Ten capacidade para seis traballadores e, ademais da súa nova rotulación máis chamativa e moderna, recentemente foi reequipado con novas e avanzadas tecnoloxías:

  • Cámara térmica de última xeración cun alcance de 2 quilómetros e medio.
  • Cámara óptica de alta sensibilidade con capacidade para a captación de imaxes nocturnas.
  • Pantallas interiores de alta resolución para videovixilancia.

Ademais, Radiospectrum comeza a integrar os seus novos sistemas de comunicación híbridos, pioneiros en España, que permiten aos servizos de emerxencia coordinarse con maior precisión gracias a equipos que integran nun único dispositivo as vantaxes dun walkie talkie e dun smartphone. Este avance permite combinar as vantaxes de cobertura que só pode ofrecer a rede dixital de radio privada (DMR) co acceso a aplicacións específicas e a posibilidade de enviar arquivos multimedia mediante a tecnoloxía 5G.

Para máis información, podes falar co noso equipo mediante o formulario da nosa sección de contacto, no teléfono 902 090 508 ou dirixíndote ao enderezo de correo electrónico info@radiospectrum.es.