La Voz de Galicia faise eco do noso labor como provedores de radiocomunicacións

La Voz de Galicia faise eco do noso labor como proveedores de radiocomunicaciónsRadiospectrum vén de ser noticia polo seu papel destacado dentro do sector das radiocomunicacións. La Voz de Galicia reafirma a importancia dos sistemas de comunicación por circuíto pechado e a traxectoria da compañía galega como operador certificado. Ademais recolle as declaracións de Emilio de la Fuente, xerente de Radiospectrum, que sinala a importancia dunha rede de radiocomunicacións profesionais de calidade para garantir o traballo dos servizos públicos de seguridade cidadá.

La Voz de Galicia destaca o investimento realizado por Radiospectrum en novas tecnoloxías, cun dos dous únicos Centro de Control Móbiles (CCM) de Galicia, un camión con todos os recursos necesarios para actuar como centro de operacións en eventos masivos. Do mesmo xeito, nos últimos anos apostouse por novos servizos de alugamento de drons para vixilancia aérea e salvamento.

Máis información:

Radiospectrum ponse serio coas radiocomunicacións
(La Voz de Galicia)