Excelente acollida da marca Radiospectrum na súa presentación na Coruña

presentación de Radiospectrum reuniu esta mañá na Coruña a medio centenar de clientes e personalidades dos ámbitos da seguridade, as emerxencias e a organización de eventos. O acto, que se celebrou no Club Financiero Atlántico e contou cun cóctel para os asistentes, serviu como posta de longo de Radiospectrum, nova marca de servizos de renting tecnolóxico para radiocomunicacións profesionais por circuíto pechado.

A presentación contou coa intervención de Mariano Gómez-Ulla de Irazazabal, presidente do Club Financiero Atlántico, que deu paso a unha exposición dos servizos e tecnoloxías da nova marca no ámbito das radiocomunicacións, da man de Emilio de la Fuente, supervisor comercial de Radiospectrum, e Luis Gascón, representante de Sateliun, provedor tecnolóxico no terreo da xeolocalización.

Cun equipo que conta con máis de 20 anos de experiencia no sector, Radiospectrum é unha marca nova, pero xa cun número importante de clientes e con experiencia en eventos de gran calibre. Unha boa proba é a súa recente participación no dispositivo de seguridade organizado polo Concello da Coruña na festividade de San Xoán, un acontecemento que reuniu a 150.000 persoas nas praias de Riazor e Orzán.

Radiospectrum desprazou á súa presentación no Club Financiero Atlántico o seu Centro de Control Móbil (CCM), un vehículo propio equipado coas tecnoloxías máis modernas para funcionar como base de operacións e comunicacións, e comandar operativos de emerxencia e dar cobertura a calquera evento ou necesidade especial.

servizo integral de renting tecnolóxico que ofrece Radiospectrum inclúe asesoramento sobre as mellores tecnoloxías, o aluguer ou venda dos equipos e a posta en marcha e o mantemento da rede necesaria. Todo o proceso imprescindible, dende o primeiro ao último paso, para garantir en todo momento a comunicación.

Excelente acollida da marca Radiospectrum na súa presentación na Coruña