Como velar pola seguridade de multitudes en situacións de baixa visibilidade

multitudes baja visibilidad

Unha das partes máis importantes da xestión de calquera evento multitudinario é a seguridade, un aspecto que soe darse por feito en grandes festividades e celebracións, pero que é máis complexo do que pode parecer a simple vista: tras un dispositivo de seguridade ben organizado escóndense deceas de traballadores que deben coordinarse entre eles ao longo do recinto e que precisan contar coa tecnoloxía que os faga máis rápidos e efectivos.

En Radiospectrum levamos anos traballando no sector da seguridade e as comunicacións e temos visto cos nosos propios ollos como as necesidades de seguridade foron crecendo debido ao aumento dos asistentes a eventos multitudinarios e tamén ao endurecemento das leis de seguridade en espectáculos públicos. Por sorte, en paralelo ao aumento destes requerimentos, a tecnoloxía foi evolucionando a pasos axigantados.

Outro factor que inflúe na complexidade da protección de grandes multitudes é a baixa visibilidade. Agora que chega a tempada de inverno, a maioría dos espectáculos ao aire libre realízanse sen apenas luz e baixo condicións meteorolóxicas que impiden unha boa visibilidade por parte do ollo humano: choiva, néboa…

En Radiospectrum contamos coas últimas tecnoloxías en videovixilancia e en telecomunicacións, e podemos ofrecer o Centro de Control Móbil (CCM), unha ferramienta de traballo única que cubre todas as necesidades tecnolóxicas da seguridade de calquera evento. Trátase dun vehículo que actúa como centro de operacións e control, e que conta coas tecnoloxías máis punteiras no campo da vixilancia: monitores, cámara térmica e cámara óptica con visión nocturna. O camión, que conta con espazo para 6 traballadores, pode axudar na coordinación dos diferentes corpos de seguridade e mellorar a vixilancia do recinto. O Centro de Control Móbil tamén ten sido desprazado en situacións de baixa visibilidade, como por exemplo nas últimas cinco edicións do San Xoán na Coruña,

Aquí vos deixamos as claves para garantir a seguridade de multitudes en situacións de baixa visibilidade:

  • Comunicación: un equipo ben comunicado é un equipo que funciona con rapidez, e a rapidez é un factor diferencial á hora de actuar ante situacións de perigo onde chegar uns segundos antes pode marcar a diferencia. O Centro de Control Móbil funciona como estación repetidora gracias á súa antea y tamén serve como centro de mando de comunicacións dixitais e analóxicas, con seis equipos de radio portátil programados para funcionar de modo directo e rede WiFi.
  • Control a distancia: Por moitos efectivos que haxa ao longo do recinto onde se realiza o evento, sempre haberá zonas máis escondidas ou que carezan de boa visibilidade. O CCM dispón de cámaras que se poden instalar en diversos puntos no exterior. O noso equipo é consciente de que as medidas de seguridade deben adaptarse ás características de cada evento, por iso tamén contamos cunha cámara térmica moi útil en situacións de fume, néboa ou choiva que permite identificar persoas e obxectos a unha gran distancia a partir da súa temperatura; e unha cámara óptica con visión nocturna que é capaz de capturar imaxes na oscuridade.

Se desexas máis información sobre as nosas tecnoloxías, podes falar con nós a través do formulario da nosa sección de contacto, no teléfono 902 090 508 ou no correo electrónico info@radiospectrum.es.