Como se xestiona un equipo de seguridade con walkie talkies en eventos masivos

Como se xestiona un equipo de seguridade con walkie talkies en eventos masivosA seguridade en concertos e eventos masivos require unha planificación e unha coordinación perfecta entre os integrantes dos diferentes equipos que participan no dispositivo.

Enténdese que é un evento masivo calquera actividade que reúna a partir de 3.000 persoas e que se realice en lugares que non están destinados de xeito permanente para ese uso. É o caso, por poñer algúns exemplos próximos, da celebración do San Xoán na Coruña ou do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Que se debe ter en conta?

Hai que ter en conta os principais riscos que se poden atopar en cada espectáculo e que varían en función do lugar no que se celebre, o perfil dos asistentes, o número de entradas e saídas, o número de accesos para discapacitados… É importante deseñar un plan a medida dependendo da situación á que se vaian enfrontar os organizadores.

Os dispositivos de seguridade precisan estar interconectados en todo momento (policías, Protección Civil, ambulancias, Cruz Vermella, auxiliares de servizo…). É por iso que a comunicación entre todos se realiza a través de walkie talkies, xa que as redes de radiocomunicación por circuíto pechado son un medio idóneo para cumprir esa función, polas garantías que ofrece cando o resto de redes deixan de funcionar por saturación.

De que maneira se organiza un evento como o de San Xoán?

Os diferentes indicativos que se empregan correspóndense co código internacional ICAO ou alfabeto radiofónico, no que cada letra ten asignado un nome para evitar equivocacións ou malentendidos.

Por exemplo, na Coruña utilízase “Bravo” para bicis do grupo ciclista, “Charlie” para as diferentes institucións coas que se traballa (policías, bombeiros, hospitais…), “Delta” para vehículos, “Echo” para embarcacións, “Hotel” para hospitais de campaña, “Lima” para voluntarios e responsables operativos, “Mike” para motos do grupo de motocicletas, “Romeo” para remolques de material, “Sierra” para persoal funcionario do Servizo Municipal de Protección Civil e “PMA” como denominación do Posto de Mando Avanzado, no que están presentes representantes de todos os organismos participantes no operativo (policías, bombeiros, Cruz Vermella…).

Nos operativos, cada voluntario ten un indicativo, que dependendo da función que desenvolve ou o posto no que estea será unha denominación ou outra. Por exemplo, o máximo responsable do operativo de voluntarios será “Control”.

Os voluntarios, dependendo da súa localización e do responsable do que dependan, terán un indicativo de “Lima” seguido dun número. Os vehículos tamén teñen cada un asignado o seu indicativo propio: “Delta” e o número que lle corresponda.

Esquema de funcionamento

Nos grandes operativos como o de San Xoán, no que o despregamento de medios é máximo, a estrutura dos equipos de seguridade é similar á que se amosa na seguinte imaxe:

Radiospectrum: Dispositivo de seguridade con walkie talkies

O gráfico é unha mostra da complexidade que pode supoñer a posta en marcha dun dispositivo de seguridade, no que a comunicación non pode fallar baixo ningunha circunstancia.

En Radiospectrum estamos afeitos a participar en dispositivos de seguridade de eventos masivos (festivais de música, festas, acontecementos deportivos, congresos…), con redes e equipos propios que garanten en todo momento unha resposta axeitada ante posibles situacións de emerxencia.

Os interesados en conseguir máis información poden poñerse en contacto cos profesionais de Radiospectrum a través deste formulario, do teléfono 902 090 508 ou do correo electrónico info@radiospectrum.es.