Como mellorar a seguridade nos concertos e festivais de música

seguridad conciertos festivales musica

O verán acaba de comezar e con el os concertos  e festivais de música que cada ano congregan a milleiros de persoas. España é un dos países con máis oferta de festivais de música, con case un milleiro de citas concentradas só durante os meses de xullo e agosto.

Para que todo saia perfecto nun festival e que os asistentes leven a casa a mellor das experiencias, é necesario un gran labor de planificación e produción que coordine a varios equipos e tecnoloxías para facerse cargo da xestión dos grupos de música, da montaxe dos escenarios, de garantir a calidade do son e dun longo etcétera no que ocupa un lugar primordial o dispositivo de seguridade.

Sempre que se producen aglomeracións –sobre todo nun ambiente festivo que se estende durante varias xornadas– é probable que se produza algún incidente como pequenos accidentes, caídas ou que se leve a cabo algún delito. O equipo humano é fundamental para previr e paliar calquera problema que puidese xurdir. Non obstante, velar pola seguridade de tantas persoas sen a axuda da tecnoloxía, converteríase nunha tarefa imposible e máis tendo en conta que a maioría dos concertos teñen lugar cando cae a noite.

En Radiospectrum somos expertos en ofrecer non só a tecnoloxía máis actual, senón tamén aquela que mellor se adapta ás necesidades de cada empresa ou evento. Estamos afeitos a encontros multitudinarios que requiren comunicacións especiais e  sistemas de vixilancia, por exemplo, como responsables do dispositivo tecnolóxico do San Xoán na Coruña durante 5 anos consecutivos.

Os dispositivos de seguridade en concertos e festivais de música deberían contar cunha tecnoloxía especial para protexer a todos os asistentes e en Radiospectrum temos algunhas recomendacións:

Sistemas de radiocomunicacións dixitais

Cando moita xente se reúne nun mesmo lugar e fai uso do seu dispositivo móbil, o máis probable é que as comunicacións tradicionais fallen. A rede móbil é limitada e os corpos de seguridade non poden depender dunhas comunicacións que en calquera momento se poidan colapsar.

A única tecnoloxía que asegura a boa comunicación entre os efectivos, ao momento e sen interferencias son as radiocomunicacións por circuíto pechado.

En Radiospectrum damos un paso máis alá, proporcionando dispositivos híbridos que manteñen a calidade e a inmediatez destas comunicacións, pero engadindo a tecnoloxía móbil 4G/5G/LTE que ofrece aos corpos de seguridade a opción de enviar fotografías, vídeo ou streaming. Ademais, estes dispositivos funcionan como calquera smartphone, polo que pode instalarse calquera aplicación que resulte útil.

Centro de control

Varios escenarios, o recinto dos foodtrucks, a zona de acampada… Todo festival de música precisa un punto que centralice as actividades de vixilancia e dende o que se poida coordinar os diferentes equipos.

En Radiospectrum contamos cun Centro de Control Móbil, un vehículo que serve de centro de operacións ao equipo de seguridad, con espazo para 6 traballadores e que conta coa tecnoloxía más avanzada: cámara térmica, cámara óptica con visión nocturna e monitores para videovixilancia.

Drons de vixilancia aérea

Os drons son moi útiles para a vixilancia de grandes áreas, nun festival de música poden ser a ferramenta perfecta para controlar os recintos dos concertos.

En Radiospectrum ofrecemos o alugamento de drons que contan con cámaras térmicas e ópticas capaces de captar imaxes de gran calidade para saber que está sucedendo en tempo real.

Se desexas obter máis información sobre os nosos servizos, non dubides en poñerte en contacto co noso equipo a través do formulario da nosa sección de contacto, no teléfono 902 090 508 ou dirixíndote ao enderezo electrónico info@radiospectrum.es.