Como garantir unha rede eficaz de radiocomunicacións para Policía Local

Como garantir unha rede eficaz de radiocomunicacións para Policía Local

Os sistemas de radiocomunicacións por circuíto pechado experimentaron unha grande evolución nas últimas décadas para ofrecer un servizo eficiente, que é clave para profesionais de moitos sectores, como é o caso da Policía Local.

Para o desenvolvemento do seu importante labor diario, así como en situacións de emerxencia ou en eventos con grande afluencia de persoas, as forzas de seguridade necesitan un servizo de radiocomunicacións profesionais que lles axude a desempeñar o seu traballo con plenas garantías e de forma eficaz.

A Garda Civil e a Policía Nacional contan dende hai anos co sistema SIRDEE (Sistemas de Radiocomunicacións Dixitais de Emerxencia do Estado), que é o que empregan os corpos de seguridade do Estado Español. Non é o caso da Policía Local, que xestionan e contratan os seus propios sistemas de radiocomunicacións.

As licitacións dos sistemas de radio profesional dos concellos e das Policías Locais pódenlles permiten acceder por un prezo alcanzable a tecnoloxías do século XXI, que teñen en conta as necesidades e as características de cada un dos municipios. Hai moitos factores que poden ser decisivos para garantir a eficiencia das comunicacións, dende o número de axentes que van facer uso dos equipos e da rede privada, ata a propia superficie do concello, para determinar como garantir unha óptima cobertura en todo o territorio, mesmo en edificios e en espazos pechados.

Os sistemas de radiocomunicacións dixitais permiten a coordinación das forzas de seguridade sen necesidade de empregar as redes de telefonía móbil tradicionais, que se saturan facilmente no caso de que suceda algunha incidencia.

Principais vantaxes

Se pensamos no traballo da Policía Local, un sistema propio de radiocomunicacións permite dispoñer dunha rede segura, estable e sen ningún tipo interferencias, que garante a cobertura na área contratada, unha excelente calidade de audición e a coordinación das distintas persoas que participan nun dispositivo de seguridade.

Unha rede eficaz de radiocomunicacións por circuíto pechado proporciona unha serie de beneficios importantes:

  • Coordinación interna e externa. As radiocomunicacións privadas permiten coñecer en tempo real que axentes están dispoñibles para unha determinada actuación. Isto pode supoñer o éxito ou o fracaso nunha operación, xa que chegar uns minutos antes ou despois a un aviso pode marcar unha gran diferenza para os propios profesionais e para os cidadáns. Tamén é unha ferramenta clave no caso de eventos masivos nos que traballan de forma coordinada con outros corpos, como poden ser festas patronais, festivais de música, congresos ou acontecementos deportivos.
  • Cobertura garantida. Unha das principais diferenzas coas radiocomunicacións públicas é que baixo ningún concepto se perde a cobertura ante situacións extremas. Os sistemas modernos garanten ademais a comunicación en lugares illados e en espazos pechados, como garaxes ou sotos.
  • Seguridade. A posibilidade de dispoñer dunha rede para relacionarse de forma directa, permite que no caso de que sexa necesario, os axentes poidan pedir reforzos ou que se poidan activar de inmediato as actuacións necesarias para actuar con rapidez ante calquera incidencia.
  • Privacidade. As conversacións desenvolvidas baixo este sistema están cifradas, é dicir, só os profesionais teñen acceso a elas. Ao tratarse dun método privado e encriptado, garántese a privacidade das conversacións.
  • Facilidade de uso. A contratación do servizo permite deixar en mans expertas a xestión de infraestruturas, mantementos, materiais, localizacións e permisos. Deste xeito, a Policía Local pódese centrar no que verdadeiramente importa: o seu labor como servizo público aos cidadáns.
  • Aumento da eficacia. As radiocomunicacións contribúen a incrementar a eficacia das conversacións e, con iso, o servizo.

En  Radiospectrum estamos afeitos traballar con concellos e Policía Local, con experiencia contrastada no desenvolvemento destes servizos. Como instaladores de telecomunicacións recoñecidos polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, e como operadores de comunicacións electrónicas rexistrados pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, dispoñemos dun servizo integral de  renting tecnolóxico de vangarda.

Os servizos de  Radiospectrum inclúen o alugamento todas as infraestruturas e equipos necesarios para garantir as comunicacións; a xestión de todos os permisos, licenzas e canons necesarios (por exemplo, as taxas da Secretaría de Estado de Telecomunicacións polo uso do espectro radioeléctrico); unha atención 24/7 e un servizo de mantemento preventivo e correctivo.

Máis aló do seu traballo diario, existen situacións especiais nas que a Policía Local tamén pode necesitar unha serie de recursos extra para afrontar de forma óptima o seu traballo. É o caso de situacións de emerxencia e acontecementos masivos, nos que poden ser necesarios determinados medios dos que tamén dispón Radiospectrum, como repetidores móbiles para asegurar as comunicacións entre efectivos móbiles ou un Centro de Control Móbil, un vehículo deseñado para funcionar como estación base de comunicacións e para liderar operativos en escenarios de emerxencias.

Para obter máis información sobre o servizo que ofrece  Radiospectrum, poñemos a disposición dos interesados este formulario, o correo electrónico info@radiospectrum.es e o teléfono 902 090 508.