Como cumprir a nova normativa galega de seguridade en espectáculos públicos

Nova normativa galega de seguridade en espectáculos públicos

Mal tempo, bo marisco e ante todo, unha axenda chea de festas son tres das características que definen Galicia para moitos visitantes. Unha comunidade na que existen centos de eventos multitudinarios cada ano, entre os que se inclúen celebracións gastronómicas, populares e festivais de música.

O día 2 de xullo, coincidindo co inicio da tempada que más eventos acolle, entrou en vigor a nova Lei de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia, que afecta tanto a entidades públicas como a organizadores privados e que especifica as responsabilidades que debe ter o local ou a empresa organizadora do evento. O goberno pretende desta forma que o sector estea máis controlado, velando ante todo pola seguridade dos asistentes, cunha normativa específica referente a horarios, aforos, ruídos e seguridade. Esta nova normativa xa tivo as súas primeiras consecuencias legais, debido ao incumprimento do horario en varios locais de Lugo.

As empresas promotoras de eventos veranse obrigadas a partir de agora a tramitar autorizacións e presentar seguros de responsabilidade civil e informes que especifiquen os dispositivos de seguridade empregados.

A nova normativa galega de seguridade en espectáculos públicos é unha forma de declarar as medidas empregcuadas para a protección dos asistentes, xa que a nova normativa inclúe accións penais contra aquelas empresas que non establezan un protocolo de seguridade correcto no caso de que se produza algún incidente.

En Radiospectrum somos provedores de solucións de comunicación e seguridade, coa experiencia de ter participado en numerosos eventos masivos. Esta experiencia compleméntase co noso afán de innovación, apostando sempre polas tecnoloxías máis actuais. Como pode axudar Radiospectrum a xestionar un evento multitudinario e a cumprir a nova Lei de Espectáculos Públicos?

Equipos e infraestruturas de seguridade en espectáculos públicos

En Radiospectrum ofrecemos servizos de radiocomunicacións con equipos móbiles e portátiles que inclúen tamén as últimas tecnoloxías en comunicacións híbridas, dispositivos que combinan as vantaxes dos walkie talkies -que operan mediante comunicacións por circuíto pechado- coas funcionalidades que achegan os smartphones actuais. Ademais ofrecemos o alugamento de emisoras, repetidores e células de cobertura para garantir unhas comunicacións óptimas.

Ademais poñemos a disposición dos nosos clientes o Centro de Control Móbil, un vehículo que funciona como centro de operacións e control, e que conta coas tecnoloxías máis avanzadas no campo da vixilancia: monitores, cámara térmica e cámara óptica con visión nocturna. O camión, que conta con espazo para 6 traballadores que poden coordinar os diferentes corpos de seguridade e vixiar o recinto, xa velou pola seguridade dos máis de 200.000 asistentes ao San Xoán da Coruña, por exemplo.

Servizo adaptado ao cliente

Non somos simples provedores de tecnoloxías, senón que ademais ofrecemos un asesoramento personalizado para que cada evento poida contar coa seguridade necesaria. Comprometémonos coas empresas coas que traballamos cun servizo de atención ao cliente as 24 horas do día, os 7 días da semana e achegamos en todos os nosos sistemas un mantemento preventivo e correctivo. Tamén xestionamos os diversos permisos, licenzas e canons para o uso do espazo radioeléctrico, entre as que se inclúen as taxas da Secretaria de Estado de Telecomunicacións.

Se desexas máis información sobre os nosos servizos, ponte en contacto co noso equipo a través do seguinte formulario de contacto, do correo electrónico info@radiospectrum.es ou chamando ao 902 090 508.