Centro de Control Móbil: unha ferramenta clave en necesidades temporais de comunicación

CCM de Radiospectrum

As necesidades das radiocomunicacións profesionais poden ser permanentes ou temporais. Da mesma forma que hai empresas e institucións que teñen a obriga de contar en todo momento e durante todo o ano con equipos, redes e infraestruturas que garantan as comunicacións, tamén existen solucións adaptadas a necesidades puntuais.

Pensemos en situacións de crise en zonas illadas (incendios forestais, por exemplo), en paradas técnicas de mantemento en sectores industriais ou na celebración de eventos puntuais, como concertos, festivais de música, festas, congresos ou acontecementos deportivos. Son situacións nos que empresas organizadoras, organismos públicos e forzas de seguridade precisan a creación ou o reforzo temporal de infraestruturas de radiocomunicacións profesionais por circuíto pechado.

Poucas ferramentas ofrecen unha capacidade de resposta tan eficaz nese tipo de situacións como un Centro de Control Móbil (CCM).

Que é un CCM?

En poucas palabras, un Centro de Control Móbil é un vehículo que pode ser desprazado rapidamente a zonas de crise ou a eventos multitudinarios para establecer un posto de mando coas máis modernas tecnoloxías de comunicación e visualización.

O CCM funciona como centro de mando de comunicacións dixitais e analóxicas, á vez que pode ser empregado como estación repetidora.

Cantos CCM hai en Galicia?

En España, doados no seu momento por unha entidade bancaria, todas as comunidades autónomas dispoñen dun Centro de Control Móbil (CCM). Trátase de vehículos preparados para situacións de emerxencia, pero os recursos públicos non permiten cubrir varios focos ou necesidades simultáneas de reforzo das radiocomunicacións.

No caso de Galicia, existen dous CCM, o xa mencionado da Xunta de Galicia e o Centro de Control Móbil de Radiospectrum, que ten o seu vehículo a disposición de empresas e organismos públicos para o seu alugamento en situacións nos que é necesario un reforzo das radiocomunicacións.

O CCM de Radiospectrum ten capacidade para actuar en toda a xeografía española, con tecnoloxías testadas mesmo en eventos con máis de 150.000 asistentes, como o San Xoán na Coruña, ou paradas técnicas de mantemento de empresas como Repsol.

O caso dos Estados Unidos

Nos últimos meses sucedéronse diversas catástrofes naturais en varios puntos do planeta que tiveron amplo eco nos medios de comunicación, dende os furacáns que golpearon o Caribe e o sur de Estados Unidos ata os incendios forestais de Portugal.

Nesas situacións, un Centro de Control Móbil pode marcar a diferenza para actuar como estación base para a centralización das comunicacións e as tarefas de vixilancia.

No caso dos Estados Unidos, unha das súas axencias gobernamentais, FEMA (Federal  Emergency Management Agency), conta con 275 vehículos preparados para desenvolver esa función, que permiten garantir as telecomunicacións e os servizos de asistencia nas zonas golpeadas por furacáns e outro tipo de emerxencias.

Que sectores poden contar cun CCM?

Non todo o mundo pode manexar un CCM, pero si dispoñer do seu servizo. En Radiospectrum contamos con persoal especializado para a súa xestión a través dun servizo integral de alugamento que inclúe todo o imprescindible para garantir a comunicación, dende o propio vehículo ata os equipos, infraestruturas, redes, licenzas e profesionais necesarios.

O Centro de Control Móbil adáptase ás necesidades de sectores nos que as radiocomunicacións non poden fallar. É o caso, por exemplo, de bombeiros, corpos policiais, Protección Civil, emerxencias sanitarias, atención cidadá, brigadas forestais, salvamento marítimo, industria ou empresas de seguridade.

CCM de Radiospectrum

Con que equipamento conta un CCM?

O CCM de Radiospectrum dispón de ata seis postos de traballo para os profesionais encargados do seu funcionamento e está dotado de tecnoloxías de vangarda para un servizo eficaz:

  • Cinco monitores de televisión.
  • Dúas mesas de control con ordenador.
  • Mastro hidráulico telescópico de 25 metros de altura despregado.
  • Seis equipos de radio portátil programados para funcionar en modo directo.
  • Un equipo de radiocomunicación base.
  • Unha antena de estación base instalada no teito do CCM.
  • Rack de equipos.
  • Sete focos de iluminación.
  • Tres cámaras DOMO.
  • Tecnoloxía cámaras multiplex.
  • Cámara térmica.
  • Cámaras IP portátiles.
  • Acceso a Internet por wifi para usuarios do CCM ou asistentes ao evento.

Para máis información sobre o servizo de alugamento do Centro de Control Móbil, Radiospectrum pon a disposición dos interesados este formulario, o correo electrónico info@radiospectrum.es e o teléfono 902 090 508.