As principais vantaxes do uso de drons no ámbito da vixilancia e a seguridade

As principais vantaxes do uso de drons no ámbito da vixilancia e a seguridadeOs drons forman parte xa do noso día a día. Dende planos espectaculares no mundo do cine a reportaxes fotográficas de alta calidade, cada vez son máis os sectores que aproveitan as potencialidades dunha ferramenta tecnolóxica de última xeración. O mundo da seguridade non é unha excepción.

Un dron permite levar a cabo tarefas de vixilancia e control. Os contornos máis frecuentes para os que se empregan teñen que ver co rescate marítimo e coa seguridade en eventos multitudinarios, como festivais, concertos ou acontecementos deportivos.

Cámaras térmicas e ópticas

Un dispositivo de seguridade que conte co apoio de drons pode captar imaxes dende calquera ángulo. Trátase dunha tecnoloxía que ofrece a posibilidade de incorporar cámaras térmicas, ademais das habituais cámaras ópticas, para ver o que o ollo humano non é capaz de detectar.

Nese sentido, os drons poden ser unha axuda fundamental en situacións de escasa visibilidade, por exemplo en contornos con escasa iluminación, presenza de fume ou condicións meteorolóxicas adversas (néboa, chuvia, neve…).

Vídeo en tempo real

A utilización de drons tamén permite a visualización de vídeo en tempo real. Esa e outras características convértenos en instrumentos de apoio e vixilancia perfectos en situacións límite de emerxencia.

A utilización de vídeo permite supervisar as gravacións a través dun posto de control no que se poden ver e avaliar as imaxes obtidas. E por tratarse de vehículos non tripulados, non se poñen en risco vidas humanas.

Requisitos

Para poder traballar con esta tecnoloxía en España é necesario realizar o curso oficial de piloto de drons habilitado pola Axencia Estatal para a Seguridade Aérea (AESA).

Radiospectrum dispón de persoal especializado no uso desta tecnoloxía. Ademais da opción de alugamento de drons para dispositivos de seguridade, un dos nosos servizos máis novidosos, tamén se ofrece de xeito complementario a presenza de técnicos con titulación e capacitación para o manexo de drons.

Cales son as vantaxes de usar drons?

En situacións de emerxencia, a presenza de drons pode marcar a diferencia. Estas son algunhas das vantaxes que ofrece esta tecnoloxía:

  • Gran apoio en tarefas de control e rescate.
  • Sistema totalmente automático.
  • Poden utilizarse tanto de día como de noite.
  • Acceso a zonas difíciles sen risco.
  • Custo de alugamento accesible.

Para obter máis información sobre o servizo de alugamento de drons que ofrece Radiospectrum, pode poñerse en contacto co noso equipo a través deste formulario, do teléfono 902 090 508 ou do correo electrónico info@radiospectrum.es.