A importancia das radiocomunicacións profesionais na loita contraincendios

A importancia das radiocomunicacións profesionais na loita contraincendios

Cando hai vidas en xogo, as comunicacións non poden fallar. En situacións de emerxencia, como a loita contraincendios, non hai marxe para o erro e o uso de sistemas efectivos de radiocomunicacións faise imprescindible.

As liñas telefónicas non son fiables en situacións extremas (e non tan extremas). É algo que todos sufrimos nalgún momento. Algunha vez cortóuselle unha chamada de teléfono cando baixaba ao soto? Perdeu a cobertura nalgún lugar exterior illado? Quizais tivo que cambiar de habitación para escoitar mellor unha chamada? Ou perdeu o sinal do seu smartphone nun evento masivo, como un concerto, unha festa ou un partido de fútbol? Falamos de situacións do día a día que non se poden producir baixo ningunha circunstancia en situacións de emerxencias.

No caso concreto dos servizos contraincendios, no que existe un risco asociado ao traballo que realizan, ninguén pon en dúbida a importancia dun bo servizo de radiocomunicacións profesionais. É a forma de controlar mellor a situación e garantir a cobertura en todo momento e en calquera contorna, xa sexan espazos pechados na cidade ou lugares recónditos e apartados no campo.

Loita contraincendios en contornos urbanos

É un error bastante estendido pensar que nas grandes urbes e cidades están máis asentados os sistemas de comunicacións e que gozan de cobertura constante.

Nos contornos urbanos, os servizos de emerxencia tamén dependen dun bo sistema de radiocomunicacións para estar comunicados cos seus compañeiros de equipo. Por exemplo, é habitual que no interior dos edificios, en garaxes e en sotos se perda a conexión.

Se imaxinamos un caso onde os bombeiros deban realizar un operativo nun destes espazos, cos dispositivos de radiocomunicación axeitados poden estar todos os membros do equipo en contacto e saber que tarefas realizar, en que posición está cada un e manter unha comunicación instantánea coa seguridade de que non perderán a cobertura.

Loita contraincendios en contornos rurais

En moitas ocasións, os incendios prodúcense en lugares illados onde as comunicacións son inexistentes ou precarias. Nesas circunstancias, é recomendable contar con repetidores móbiles ou cun Centro de Control Móbil (CCM) para garantir a comunicación e a coordinación de dispositivos que contan coa participación dun número importante de profesionais: bombeiros, brigadistas, Protección Civil, voluntarios, etc.

Un erro na comunicación pode ter graves consecuencias. Este verán alcanzou gran repercusión nos medios de comunicación o devastador incendio de Pedrógão Grande (Portugal). A Autoridade Nacional de Protección Civil (ANPC) de Portugal chegou a recoñecer nun documento enviado ao primeiro ministro, António Costa, e publicado na páxina web do Goberno luso, que se produciron fallos no sistema que permite a intercomunicación das forzas de seguridade e emerxencia do país para a súa mellor coordinación. Unha clara mostra da importancia que ten un sistema eficaz de radiocomunicacións en situacións extremas e das consecuencias cando non funciona todo á perfección.

Vantaxes das radiocomunicacións por circuíto pechado

Unha boa rede de radiocomunicacións por circuíto pechado, ademais de facilitar o laborioso traballo aos servizos de emerxencia, tamén proporciona as seguintes vantaxes:

  • Seguridade. Os profesionais melloran o seu nivel de seguridade, porque saben que todos os seus movementos son supervisados, que poden ter un coñecemento exacto da evolución do incendio e do que sucede ao seu arredor, e que poderán contar en todo momento coa axuda dos seus compañeiros.
  • Coordinación. A comunicación é a base para que un equipo funcione ben. Coa rede de radiocomunicacións mellórase a organización interna do grupo e evítanse erros por falta de comunicación.
  • Inmediatez. A cobertura permite manter en contacto a todos os integrantes do equipo e manter conversacións en tempo real, sen cortes e de forma áxil. A comunicación está activa en todo momento.

En Radiospectrum estamos habituados a participar en dispositivos de seguridade de eventos masivos e situacións de emerxencia, con redes, infraestruturas e equipos propios que garanten en todo momento unha resposta axeitada.

Para máis información, poñemos á súa disposición este formulario, o teléfono 902 090 508 e o correo electrónico info@radiospectrum.es.