As aglomeracións de Nadal e a importancia dun bo servizo de radiocomunicacións

As aglomeracións de Nadal e a importancia dun bo servizo de radiocomunicacións

Os eventos masivos obrigan a esforzos puntuais en materia de seguridade e radiocomunicacións por parte de organizadores e institucións públicas. Durante o ano, hai certas épocas nas que se concentran máis aglomeracións de persoas e nas que, por tanto, faise necesario aumentar as medidas e dispositivos de seguridade, co obxectivo de garantir a integridade dos cidadáns.

Como é lóxico, esas situacións adoitan coincidir con períodos de vacacións, desprazamentos masivos de persoas e eventos multitudinarios. No verán, por exemplo, concéntranse a maioría de festas patronais, festivais, concertos e celebracións gastronómicas. Algo parecido sucede nos meses de decembro e xaneiro, como consecuencia das festas de Nadal, que xa están ao virar a esquina.

Un sistema de radiocomunicacións profesionais por circuíto pechado permite xestionar grupos de traballo de forma eficaz, mediante unha comunicación simultánea por redes privadas. Sen dúbida, a súa gran vantaxe e a que o diferencia das redes públicas, é que mantén a cobertura en todo momento.

Durante a época do Nadal existen varias situacións nas que resulta conveniente reforzar a seguridade mediante un sistema de radiocomunicacións. Algúns dos eventos masivos propios destas datas teñen que ver coas seguintes actividades:

  • Cabalgatas de Reis. Sen dúbida, un dos momentos máis máxicos para os máis cativos é o paseo por toda a cidade dos Reis Magos. Nun evento deste calibre as radiocomunicacións privadas convértense en esenciais por dous grandes motivos: para garantir unha resposta rápida no caso de que suceda algunha incidencia, por exemplo que algún neno se perda, así como para controlar que as carrozas realizan o traxecto de forma correcta.
  • Celebracións de Nadal. É habitual que en Nadal teñan lugar determinados actos que congregan a miles de persoas, dende celebracións públicas, como as badaladas na Porta do Sol e cada vez máis en prazas emblemáticas doutras cidades, ata cotillóns e festas privadas masivas en espazos pechados, en especial en Noitevella.
  • Zonas comerciais. As compras de Nadal e as rebaixas de xaneiro concentran algúns dos días con máis vendas de todo o ano. Nestas datas, entre os lugares que máis visitas reciben atópanse os centros comerciais, que se converten en espazos repletos de persoas na busca de actividades de lecer, agasallos e ofertas especiais. Son épocas nas que os equipos de seguridade desas zonas comerciais e as forzas de seguridade do Estado se ven obrigados a reforzar os habituais dispositivos e, en consecuencia, os servizos de radiocomunicación por circuíto pechado.
  • Lugares turísticos. En épocas de vacacións, certos lugares turísticos aumentan de forma significativa o seu número de visitantes. Un sistema de radiocomunicacións eficaz permite asegurar en todo momento unha resposta axeitada ante calquera posible incidencia.
  • Deportes de inverno. A chegada do Nadal supón tamén o inicio da tempada dos deportes de inverno: esquí, montañismo, snowboard… Para o desenvolvemento destas actividades é necesario extremar a precaución, ou o que é o mesmo, aumentar as medidas de seguridade. As radiocomunicacións manteñen un contacto permanente e permiten actuar con rapidez ante eventuais emerxencias.

En  Radiospectrum estamos afeitos traballar con clientes que precisan dos nosos servizos en eventos masivos, tamén en acontecementos propios desta época do ano, como as Cabalgatas de Reis. Para iso, poñemos á súa disposición as redes, infraestruturas e equipos propios que garanten en todo momento unha resposta adecuada e un servizo de radio profesional eficaz e seguro.

Para máis información, poñemos á súa disposición este formulario, o teléfono 902 090 508 e o enderezo electrónico info@radiospectrum.com.