A importancia dos servizos de radiocomunicacións en eventos deportivos

A importancia dos servizos de radiocomunicacións en eventos deportivos

Os eventos deportivos son acontecementos que reúnen a miles de persoas nun determinado espazo (ao aire libre ou cuberto), polo que é necesario extremar as precaucións en cuestións de control e seguridade. Unha forma de conseguilo é unha rede eficaz de radiocomunicacións profesionais, que achega diferentes vantaxes que permiten que a celebración do evento sexa un éxito, xa que permite responder de forma rápida e eficaz ante calquera posible incidencia.

Os principais eventos deportivos que precisan dunha rede de radiocomunicacións por circuíto pechado son:

  • Carreiras populares. O running converteuse no deporte de moda, o que se nota no aumento progresivo dos seus adeptos. Os corredores van equipados cos seus dispositivos tecnolóxicos para medir aspectos como a distancia percorrida ou as pulsacións, e para garantir o correcto desenvolvemento do evento, tamén é necesario que se aposte pola tecnoloxía no outro lado. Dende carreiras de cinco ou dez quilómetros ata maratóns, falamos de citas que reúnen todos os anos a miles de persoas (participantes e espectadores), polo que os organizadores necesitan asegurar unha rápida resposta en caso de incidencia. As radiocomunicacións probaron ser a forma máis efectiva de manter a comunicación entre os integrantes da organización e do dispositivo de seguridade, para garantir a seguridade dos participantes e dos asistentes.
  • Encontros de fútbol. Adóitase dicir que o fútbol é o deporte rei. Os encontros de LaLiga están entre os acontecementos deportivos que máis persoas reúnen en España, polo que as comunicacións convencionais (telefonía, Whatsapp…) tenden a saturarse. Todos estivemos algunha vez rodeados de miles de persoas e vimos que non podemos usar os nosos teléfonos móbiles para facer chamadas ou recibir mensaxes. No caso dun espectador, iso non supón un gran problema, pero a cuestión cambia cando falamos dos responsables de seguridade dun evento desas dimensións. Aí nada pode fallar, polo que as radiocomunicacións profesionais por circuíto pechado se converten na solución para asegurar a cobertura en todo momento.
  • Rallys. As carreiras de coches están entre os acontecementos máis vistosos no mundo do deporte, pero hai que recoñecer que tamén entre os máis perigosos, xa que os espectadores se atopan a escasos metros dos competidores e en moitas ocasións en zonas bastante illadas. Por iso, resulta vital que os responsables da seguridade estean conectados en todo momento para responder da forma máis rápida posible en caso de suceder algún accidente ou avaría que poida poñer en perigo aos pilotos ou aos espectadores.
  • Probas ciclistas. Do mesmo xeito, no ciclismo tamén se desenvolven as competicións ou as marchas de afeccionados en zonas con escasa cobertura, polo que se converte en importante o uso das radiocomunicacións para poder dar unha resposta rápida no caso de suceder algunha incidencia.
  • Deportes de inverno. Algúns deportes como o esquí ou o snowboard adoitan ter lugar en zonas bastante illadas onde se require un equipo de radiocomunicacións eficaz para os organizadores e os responsables de seguridade.
  • Outros deportes. Xa se celebren en recintos pechados, como no caso do baloncesto, o balonmán ou a natación, ou ao aire libre, como o tenis, a vela, motociclismo ou o atletismo, son moitos os deportes que poden chegar a xuntar a grandes cantidades de espectadores, con todo o que iso supón en materia de seguridade para organizadores e forzas de seguridade.

Principais vantaxes

En eventos destas características, o uso dun servizo de radiocomunicacións profesionais por redes privadas permite dispoñer das seguintes vantaxes:

  • Evitar a saturación da rede. Como xa se comentou, a principal vantaxe dun servizo de radiocomunicacións é que as redes non se saturan, ou o que é o mesmo, proporciona cobertura en todo momento e ante calquera situación.
  • Comunicación simultánea en grupo pechado. Os responsables da seguridade dos distintos eventos poden transmitir información de maneira eficaz. Ademais, permiten unha comunicación dun a un, dun a todos e de todos a un.
  • Xestión de grupos de traballo. Unha rede de radiocomunicacións profesionais por circuíto pechado permite mellorar a coordinación interna e externa, o que resulta imprescindible, xa que en eventos desta índole unha intervención rápida pode significar o éxito da operación.

En Radiospectrum estamos afeitos a participar en dispositivos de seguridade de eventos deportivos masivos, con redes e equipos propios que garanten en todo momento unha resposta axeitada antes posibles situacións de emerxencia.

Os interesados en conseguir máis información poden poñerse en contacto cos profesionais de Radiospectrum a través deste formulario, do teléfono 902 090 508 ou do correo electrónico info@radiospectrum.es.