A importancia dos dispositivos de seguridade nas festas populares

medidas de seguridad en fiestas populares

Cada ano innumerables festas populares atraen no noso país a locais e turistas. A Semana Santa, as Fallas de Valencia ou os Sanfermíns son só algunhas mostras de que as festas tradicionais teñen cada vez máis sona e adeptos. Mentres algúns aproveitan estas datas para reunirse con amigos e familiares e desconectar, outros están presentes por un motivo ben distinto: encargarse de que funcionen os dispositivos de seguridade nas festas populares e actuar de maneira inmediata no caso de que se produza algún incidente. Efectivamente, estamos a falar dos corpos de seguridade: Policía, Bombeiros, Protección Civil e persoal sanitario que teñen máis carga de traballo durante os días que dura a celebración.

Son moitos os factores que poden desencadear traxedias nunha festa popular: os espectáculos pirotécnicos e o lume, as aglomeracións que poden provocar avalanchas de xente e colapsos, o consumo de alcohol que incentiva as agresións…

Durante os últimos Sanfermíns houbo en Pamplona máis de 2.800 policías, mentres que na Semana Santa de Sevilla o número de efectivos ascendeu a 3.000. Coordinar o traballo de todas estas persoas non é una tarefa sinxela, por iso a tecnoloxía debe converterse nun membro máis do equipo de seguridade mediante dispositivos que axuden ao conxunto e a cada un dos traballadores.

Con que tecnoloxía hai que contar para a seguridade en festas populares?

En Radiospectrum somos expertos en ofrecer as tecnoloxías máis actuais a concellos para que calquera evento masivo se poda desenvolver sen imprevistos.

Os medios tecnológicos empregados variarán en función das características de cada celebración, pero hai algúns puntos que non deben faltar:

  • Cámaras de vixilancia. Por moitos efectivos que haxa nas rúas, o ollo humano non basta para vixiar que todos os asistentes que acuden a unha festa se atopen ben. As cámaras de vixilancia aseguran que todas as zonas estén correctamente cubertas, especialmente aquelas máis escuras ou conflitivas. En Radiospectrum contamos con cámaras que se poden instalar en diversos puntos da cidade. Ademais, o noso Centro de Control Móbil presenta unha cámara óptica con visión nocturna que permite capturar imaxes na escuridade. O noso equipo sabe por experiencia propia que as medidas de seguridade nas festas populares deben adaptarse ás características de cada evento, por iso tamén contamos cunha cámara térmica que permite identificar persoas e obxectos a unha gran distancia a partir da súa temperatura, unha cámara que xa foi utilizada con éxito no dispositivo de seguridade das cacharelas de San Xoán da Coruña, que acolleron a 200.000 asistentes.
  • Centro de operacións. Os vídeos capturados polas cámaras de seguridade poden resultar útiles a posteriori, por se houbese que investigar algún delito ou accidente. Non obstante, a súa principal función é a prevención, por iso é imprescindible un lugar con monitores desde o que o persoal de seguridade poida controlar en tempo real que a celebración se desenvolva sen contratempos. En Radiospectrum contamos co noso CCM (Centro de Control Móbil), un vehículo que funciona como centro de vixilancia e de operacións, que ademais de presentar as cámaras mencionadas no punto anterior, dispón de seis equipos de radio portátil programados para funcionar en modo directo, monitores de vixilancia, rede WiFi e unha antena de estación base.
  • Dispositivos de radiocomunicacións. Cando se trata de multitudes e de protección cidadá, os efectivos deben estar en contacto constante. Os sistemas de telefonía móbil non son efectivos ao depender dunha rede que en calquera momento pode colapsar. Os dispositivos de radiocomunicacións aseguran unha comunicación inmediata e cunha cobertura óptima. En Radiospectrum podemos engadir á seguridade das radiocomunicacións, todas as funcionalidades multimedia que ofrecen os smartphones actuais grazas aos nosos sistemas híbridos, dispositivos coa apariencia e as capacidades dun walkie-talkie, pero que permiten a mensaxería instantánea, o envío de imaxes, vídeos ou incluso o uso de aplicacións específicas para os diferentes equipos de seguridade.

Se desexas máis información, podes falar connosco mediante o formulario da nosa sección de contacto, no teléfono 902 090 508 ou a través do correo electrónico info@radiospectrum.es.