A importancia das radiocomunicacións na xestión loxística de almacéns

A importancia das radiocomunicacións na xestión loxística de almacéns

Nos últimos anos, os cambios nos hábitos de compra e o boom do comercio electrónico provocaron que os espazos comerciais cambiasen: en detrimento do espazo dedicado á venda, os almacéns foron gañando metros cadrados.

Un dos puntos esenciais que valora o cliente final é a rapidez na entrega, sobre todo nun ambiente empresarial no que existe tanta competencia e opcións diversas á hora de comprar todo tipo de produtos. As radiocomunicacións para a xestión loxística de almacéns son fundamentais, creando comunicacións sólidas entre os membros do equipo e favorecendo a rapidez das operacións.

As radiocomunicacións xogan un papel esencial en contornos industriais e nos almacéns, nos que se realizan miles de movementos ao día, son imprescindibles para unha administración exitosa e tamén para garantir a seguridade de mercadorías e traballadores. Entre as vantaxes do uso das radiocomunicacións no almacén destacan tres:

Cobertura óptima

Os almacéns son lugares nos que as comunicacións tradicionais non teñen cabida: a situación destes centros de loxística e a gran cantidade de barreiras arquitectónicas que presentan fan que a cobertura sexa moi limitada. As radiocomunicacións para a xestión loxística de almacéns aseguran unha cobertura perfecta en calquera momento, sen interferencias nin cortes.

Rapidez nas comunicacións

Ao pulsar o botón PTT (Push-to-Talk) dun dispositivo de radiocomunicacións, o traballador pode contactar de xeito instantáneo cos demais usuarios conectados á canle e co centro de control, facilitando unha resposta rápida ante calquera actividade ou incidente que xurda no almacén.

Coordinación do equipo de traballo

Dependendo do volume da empresa, nun almacén poden reunirse desde decenas ata centos de traballadores. Para coordinar o seu traballo, aforrar tempo e lograr as metas conxuntas é necesario que a comunicación sexa fluída en todo momento. As tecnoloxías de circuíto pechado ofrecen unha comunicación inmediata entre grupos de traballo de ata miles de usuarios. Por exemplo, Radiospectrum ofreceu o pasado ano servizos de radiocomunicación que serviron para conectar a máis de 1.000 persoas desprazadas á planta de Repsol na Coruña.

En Radiospectrum aconsellamos ás empresas, dependendo do seu tamaño e sector,  para ofrecerlles as solucións de radiocomunicacións profesionais máis completas.

Para máis información sobre os nosos servizos de aluguer de radiocomunicacións dixitais, podes contactar co noso equipo a través do noso apartado de contacto, do teléfono 902 090 508 e do enderezo electrónico info@radiospectrum.es.