A hora da verdade en comunicacións de emerxencia

A hora da verdade en comunicacións de emerxencia

Unha cadea de situacións meteorolóxicas adversas está a castigar o Caribe e o sur dos Estados Unidos entre finais de agosto e comezos de setembro. Primeiro foi o furacán Harvey, con impacto en Texas e Luisiana. Despois, o Irma, que sementou o caos nas Antillas e Florida.

No medio do caos cobrou forza unha solución improvisada para as comunicacións de emerxencia. Os cidadáns e voluntarios como a ‘Cajun Army’ empregaron aplicacións para móbil que pretenden imitar o funcionamento das radiocomunicacións en grupo pechado de usuarios. Non obstante, esta é unha solución que non chega ao aprobado para a coordinación de operativos en situacións criticas.

Está ben que en situacións de desbordamento dos servizos públicos e profesionais, a iniciativa particular trate de atopar alternativas de calquera maneira, pero non son opcións para un sistema ben organizado e plenamente operativo.

Os principais inconvenientes do uso de apps de teléfonos móbiles, baseados en redes de acceso público como GPRS, 3G, 4G ou Wi-Fi, para situacións de emerxencia son moi claros:

  • As redes abertas son as primeras que deixan de estar dispoñibles no caso de situacións criticas ou simplemente onde existen grandes aglomeracións de xente. Quen non padeceu a imposibilidade de utilización da telefonía móbil ou fixa o 31 de decembro pola noite? Cantas veces se cae Whatsapp? A que durante un concerto ou partido de fútbol é case imposible acceder á rede? Os sistemas públicos están orientados e dimensionados para que unha porcentaxe de uso máximo, é dicir, o número de demandantes de comunicación de xeito simultáneo, e aínda sendo xenerosos, sexa inferior ao 20% dos abonados adscritos ao sistema.
  • As infraestruturas ordinarias de cables, antenas e repetidores destrúense no caso de inundacións, incendios, ventos intensos ou ondas fortes. Un sistema de radiocomunicación de emerxencia debe estar dispoñible en orde de uso cando todo o resto de sistemas deixan de funcionar. Isto implica un tratamento completamente distinto aos sistemas de uso público, que están preparados e dimensionados para as comunicacións cotiás.

Mesmo en situacións ordinarias estas apps teñen un rendemento limitado, xa que a velocidade de conexión é baixa (o efecto coñecido como retardo); e precísase un smartphone operativo (con batería suficiente para horas de conexión e uso).

Se por desgraza se producise unha situación de emerxencia, e en España temos bastantes exemplos das mesmas, estes sistemas son incapaces de atender as demandas de comunicación dos corpos de emerxencias. É unha responsabilidade con maiúsculas por parte dos políticos o dispoñer de sistemas que permitan estas comunicacións de xeito fluído e preparadas para calquera continxencia.

Gran número de concellos españois non están sensibilizados neste sentido. É bastante normal atopar pobos e municipios que carecen de sistemas axeitados de comunicacións de emerxencia e na maioría dos casos podemos ver a Policías Locais, Bombeiros e membros de Protección Civil usando telefonía celular para comunicarse.

As comunicacións son unha peza clave en caso de emerxencia e moitas veces tómanse á lixeira, porque os sistemas de comunicación para situacións críticas deben estar preparados para funcionar cando xa o deixaron de facer todo o resto de sistemas.