A cámara óptico-térmica e o seu papel en situacións de emerxencia.

 

control incendios camara termicaAno tras ano, os incendios ameazan con destruír o patrimonio natural dos nosos territorios, deixando ao seu paso devastadoras consecuencias para o medio ambiente e o seu entorno. Por iso, e con cada vez máis urxencia, faise necesario recorrer ao uso da tecnoloxía máis avanzada para prever e extinguir coa maior rapidez posible estas catástrofes naturais.

O centro de control móbil (CCM) conta cunha cámara óptico-térmica de Radiospectrum, que xa foi utilizada noutro tipo de situacións, como para a vixilancia nocturna de grandes eventos, suporía un gran aliado tanto á hora de anticiparse aos incendios forestais como á hora de intervir neles facilitando a labor dos equipos de emerxencia, extinción e rescate.

Ademais, o CCM  pode ser desprazado rapidamente a zonas de crisis ou de eventos multitudinarios para establecer un posto de mando dotado das máis modernas tecnoloxías de comunicación e visualización.

Por un lado, a sensibilidade da nosa cámara óptico-térmica permite coñecer e distinguir a temperatura das diferentes zonas do solo, permitindo avaliar que zonas corren maior perigo de incendiarse e cales menos. Deste modo, a efectividade da prevención da queima forestal vese aumentada.

Por outro lado, non soamente para identificar as zonas que corren maior perigo de incendiarse, tamén conta coa capacidade de recoñecer “puntos quentes”, tomar imaxes térmicas e recoñecer á perfección a silueta dunha persoa, en que situación se encontra e a súa temperatura.

Naquelas situacións onde o fume dos incendios non permita unha visibilidade suficiente, a cámara óptico-térmica pode ser utilizada para buscar e encontrar as vítimas atrapadas en dita catástrofe, xa sexa en incendios forestais ou industriais.

Do mesmo xeito, a cámara térmica de Radiospectrum, cun alcance de 2,5 quilómetros, conta cunhas características ideais para a optimización de resultados noutros tipos de sucesos onde as circunstancias impiden unha boa visión ao ollo humano. Situacións nas que a néboa é demasiado densa, nas que se dan fortes nevadas ou nas que se produciran desprendementos de grandes masas de neve.

Unha cámara destas características permitirá encontrar as vítimas con facilidade e rapidez, axilizar o seu rescate e evitar secuelas de maior gravidade.

Se desexas máis información sobre os nosos servizos, ponte en contacto co noso equipo a través do seguinte formulario de contacto, do correo electrónico info@radiospectrum.es ou chamando ao 902 090 508.